ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Adaptación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Adaptación. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2018

COÑECENDO PRIMARIA!.

A poucos días de rematar o cole e aproveitando que lle prestamos o patio ao nenos e nenas que para o vindeiro serán os novos do cole e que os maiores marcharon de excursión, Patiños e Pandas tivemos o noso primeiro contacto co patio de primaria. Alí gozamos da compaña de irmáns e coñecidos e xogamos á corda, cos peóns, a xogos no chan, ao basket, a perseguir pombas... e o que máis nos gustou foi que Diego nos deixou tizas. Estupendo eso de debuxar no chan!.








Tamén aproveitamos para coñecer as aulas de primeiro porque aínda que xa temos subido á primeira planta en varias ocasións, non é o mesmo que coñecer agora, as que van ser as nosas aulas, a tan pouquiño tempo de vernos nelas.
Alí, fomos recibidos pola profe Graci e os seus alumnos que nos explicaron como é a sua clase e o seu día a día: ensináronnos os seus libros (nos que poidemos ver que están practicando cousas moi fáciles para nós. Uff! que ben), como se organizan, que utilizan unha axenda e ata fan exercicios na pizarra dixital...
Para rematar agasalláronnos co noso pasaporte individual a primaria e que debemos traer ben decorado e cuberto o primeiro día de cole no mes de setembro. 
E xa que estabamos... visitamos as aulas dos máis maiores: de cuarto e de sexto que xan son bastante diferentes da nosa.
Este paseo por Primaria gustounos moito!

















domingo, 11 de octubre de 2015

COMO É ESTO DO COLE?

Hai pouquiño que chegamos ao cole pero xa empezamos a coñecer actividades, espazos, obxectos, persoas... e sobre todo estamos a aprender moi axiña como actuar neles e relacionarnos con el@s. 
Vede estas fotos e imaxinade!. Son moitas pero paga a pena "observar co corazón" o que cada unha quere transmitir.

miércoles, 17 de junio de 2015

ACHEGÁNDONOS A PRIMARIA!.

NO PATIO DOS MAIORES.
Estes días están cheos de sorpresas!. Estamos a final de curso en entre organizar os nosos traballos, excursión, días de diversión, preguntas sobre Primaria... non paramos. 
Hai uns días deixámoslle o noso patio ao peques de 3 anos que se incorporarán no vindeiro curso e nós marchamos para o dos maiores. Foi estupendo atopar a familiares e amigos que xa están en Primaria!. As nosas profes estaban vixiantes por ver como nos desenvolvíamos e que non nos mancáramos pero todo foi de maravilla: temos unha fonte para beber que non para mollarnos, podemos ir á biblio do cole se nos apetece descansar ollando un libro ou xogando nos ordenadores, podemos coller cordas e peonzas dun baúl e tamén pedirlle a Diego os balóns para xogar ao basket e ao fútbol... Esto da Primaria empeza a estar guai!.



PATIO DOS MAIORES - Kizoa Movie Maker

VISITA A AULA DE 1º.
Hoxe por fin visitamos as aulas de 1º. Aos Xirasoles tocounos a aula de 1ºA. Todo estaba disposto e os compañeiros e a súa profe explicáronnos con moito detalle como se desenvolve un día en primaria: teñen normas coma nós, un semáforo para ir ao baño, pantalla dixital na aula, percheiros na clase para colgares mochilas e chaquetas, estoxos individuais, unha mascota que viaxa a cada casae moitas cousas máis... Logo de atender a tódalas explicacións cada compi agasallounos co Pasaporte a Primaria que recollimos... cun pouco de vergonza. Ao chegares á clase límolo e comprometímonos a traelo en setembro, moi ben decorado por suposto.
Non o esquezades familias!. 
Ah! E tamén nos deu tempo a visitar a aula de francés e a de relixión. É que está todo tan pretiño!.

sábado, 29 de septiembre de 2012

REMATOU!, O NOSO PRIMEIRO MES NO COLE.

A piques de chegar outubro e con apenas quince días pobrando esto do "cole" aquí nos tedes: con intres de ledicia, de sorpresa pero tamén de morriña porque... a adaptación non resulta tan rápida como os maiores escriben nos papeis. Todo o novedoso supón un cambio ao que nos temos que ir afacendo, é... a vida mesma.
Pero segundo a profe estámolo a facer bastante ben: imos recoñecendo normas, rutinas, participamos en xogos e cancións... e sobre todo estamos aprendendo a compartir e respectar aos compis.
Disfrutade destas imaxes e vede como nos foi.