ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de septiembre de 2016

BENVID@S!


Ola Pandas e familias!

Estades preparad@s?. Dentro duns días comezamos o cole pero... aínda temos que pasalo pipa nas Festas das Peras!. Comezamos o 12 de setembro e xa estamos a preparar todo no cole. 
Antes, o día 6 ás 12:00h, @s profes queremos falar con mamá e papá. Así que xa sabedes familias... esperámosvos na primeira reunión deste novo curso.

BENVID@S TOD@S E GRACIÑAS POLA VOSA ASISTENCIA!. 



domingo, 11 de octubre de 2015

VAI PARA UN MES!

Ola familias: 
Aquí estamos nen@s e profe logo dun mes xuntos. Vedes o noso sorriso representado neste debuxo?. Pois o certo é que foi o sinal de identidade xeral deste primeiro contacto co cole. En tan pouquiño tempo que levamos xuntos non houbo un día en que non disfrutaramos nalgún momento da compaña dos nosos novos amig@s e d@s profes. A cadaquén levoulle o seu tempo e aínda que a todos nos custa un pouquiño separarnos da nosa familia imos dándonos conta de que cos demais tamén o pasamos xenial e aprendemos... moitísimo!.
Comezamos pois a nosa andaina!.
Seguídenos desde este blog pero sobre todo... apoiade moito cada pequeno avance pois será o que ao final nos fará GRANDES.