ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitas. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de diciembre de 2016

COÑECIMOS AO APALPADOR!.


As nosas compañeiras da clase dos ciclistas Leyre e Noa viñeron á nosa aula para ensinarnos ao Apalpador. Esta personaxe das noites de Nadal na Serra do Courel que nos so coñeciamos de oídas polos contos, estivo connosco un ratiño. Viña moi abrigado porque onde el vive vai moito frío. Mágoa que non nos trouxera unha poucas castañas para encher os nosos bandullos!. Ah! Certo! que eso somentes o fai nos derradeiros días do ano!. Poida que a algún de nos... ata nos veña visitar!.
Grazas Leyre por traernos "en persoa" a este personaxe da nosa tradición.



   

lunes, 17 de octubre de 2016

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL


Hoxe recibimos novamente a visita dos membros de Protección Civil que nos lembraron en que consiste o seu traballo, que materiais empregan, como son os seus traxes e por suposto os pasos a seguir en caso de incendio: 
- Avisar a un maior,
- Se estamos sos na casa avisar a un veciño ou chamar ao 112,
- Non agocharse nin poñerse nervios@ e..
- Saír en fila ordenadamente.
Se hai fume temos que tapar a boca co colo do xersei para non respiralo. Ademais nos ensinaron as máscaras que eles usan cando nos veñen a axudar.










Agora xa sabemos como actuar en situacións de "risco" aínda que, mellor non ter que poñer en práctica o aprendido. 

martes, 5 de abril de 2016

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL!.

Onte viñeron visitarnos uns "bombeiros" que temos moi pretiño de nós. Son os membros de Protección Civil de Pontedeume. Foi unha grande sorpresa porque ademais... viñan cuns traxes tan chulos!. Fran explicounos super ben en que consiste o seu traballo e Nerea e Sara axudáronlle a amosarnos como se protexen nun incendio con eses traxes e equipos tan especiais (molounos falar e escoitarnos polo walkie talkie). Ademais aprendimos como debemos actuar se houbese un lume no cole ou na nosa casa: avisar a un maior, taparnos a boca co mandi, non escondernos porque non saberían onde estamos, saír amodo e deixando as nosas cousas na clase... 
Todo cunhas imaxes nas que... ata aparecía "A patrulla canina"!.
Grazas equipo!. Aquí nos tedes familias e xuntos podemos disfrutar de todo o aprendido. Animádevos!.