ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos (O corpo). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos (O corpo). Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de marzo de 2013
GÚSTANOS O NOSO CORPO.
Durante estas semanas aprendimos moitas cousas sobre o noso corpo. Todos estivemos moi interesados en descubrir como somos, sobre todo utilizando o material que fomos aportando coas nosas familias. Fixemos murais, realizamos a silueta do neno máis grande da clase, limos contos, observamos as nosas diferencias, coñecimos os nosos sentidos, aprendimos e compuxemos cancións, sabemos como coidarnos... e plasmamos todo o aprendido no traballiño que levaremos para a casa. Grazas ás familias pola vosa axuda pois o voso apoio desde a casa foi moi importante para, aproveitando a motivación dos peques, ayudarlles a coñecerse a sí mesmos e aos demais.
viernes, 22 de febrero de 2013
COÑECENDO O NOSO CORPO.
Os Xirasoles estamos embarcados nunha investigación moi interesante: queremos aprender moitas cousas sobre "O corpo". Algunhas xa as descubrimos grazas a unha canción moi chula que algún día vos ensinaremos pero... aínda temos ganas de seguir coñecéndonos mellor.
Axudádesnos?.
Familias necesitamos a vosa participación neste novo proxecto: con folletos, revistas, libros, cantigas, referencias na internet... todo o que se vos ocorra. Coma sempre GRAZAS ANTICIPADAS POLA AXUDA.
Levamos tres días tentando darvos a mensaxe de palabra pero... chegamos tan esgotados á casa que moi poucos nos lembramos. A profe mándavos esta entrada por se a algún de nós se nos sigue esquecendo. (Ata tentamos lembrala co truco dos dedos). Vede nas imaxes a mensaxe, o que xa sabemos, o que nos gustaría saber, e o que imos empezar a aprender. (Pódevos servir de guía para axudarnos).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)