Pero que xenial!. Xa imos pouco a pouco completando o disfrace de Manolo. Coma sempre, fomos ler o mandadiño que nos toca para mañá e mirade... que sairá de aí?.
Hoxe xa descubrimos de que nos quere disfrazar Manolo. De piratas!. E é que con este pano e a cicatriz xa semellábamos PIRATAS. Antes de ir visitar de novo a Manolo tentamos pensar que nos mandaría hoxe. Ocorréusenos... un barco, un canón e ata un catalexo!. Pero... cando chegamos ao seu pé mirade que dicía:
Nós seguimos posando así de elegantes a canda Manolo!. Ademais, como vedes xa nos imos animando tod@s a esto da maquillaxe e o disfrace.
Hai que ver este Manolo, como "espreme" os miolos!. Gravata, medias e para mañá mércores... Por certo... va que cada día os Xirasoles vimos máis guapos?. (Non esquezades que as prendas ou detalles son acumulativos: imos traéndo cada día a que toca e as dos días anteriores).