ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de octubre de 2017

COÑECIMOS A AINE!.


Hoxe o noso compañeiro Roi presentounos a súa irmán máis pequena, Aine. Nesta tarefa axudoulle a súa irmá Erea aproveitando que ela estaba na súa clase de tres aniños porque... ela é nova no cole e ao mellor algún de nós non a coñeciamos.
Os dous xunto con Ana, a súa nai, contáronnos moitas cousas da pequena da familia: gústalle moito rir, aínda mama da tetiña de mamá porque non ten dentes, está descubrindo os seus dediños porque xa os leva á boca e xoga con eles e ten uns pés moi pequerrechos e cunhas dedas... aínda máis pequerrechiñas. 
Todos quixemos tocarllos e como vedes nas fotos... Aine encantada!.
Os dous irmáns maiores coidan moi ben de Aine sobre todo cando é hora do baño. Gozan moito lavándoa, facendolle masaxes e axudándolle a mamá a darlle todo o que Aine precisa para estar super limpiña.
Aos Pandas gustounos moito coñecer á irmá de Roi e dámoslle as grazas a súa mamá por vírnola presentar. Ata máis ver familia!. 




viernes, 9 de junio de 2017

VISITA DE ARIEL.

Hai uns días o noso compi Itai presentounos emocionado ao seu irmán Ariel. Ariel acaba de cumprir cinco meses, aínda non anda nin ten dentes e encántalle a tetiña de mamá porque... dela obtén o seu único alimento: o leite. Va que está ben grandiño e forte?. E so con leite da súa mamá!. 
Karina, que así se chama a nai de Itai e de Ariel, contounos que lle gustan moito as cóxegas e sobre todo cantar e bailar coa cantiga dos "Cinco lobiños". Aquí tedes estas fotos que o amosan. Itai axuda moito no coidado do seu irmán e como vedes dase moito xeito. 
Ariel, aínda que non durmira, estivo connosco un bo rato e quixo despedirse visitándonos polas mesas. 
Démoslle as grazas e deixamos que marchara pouco antes de seires nós porque xa lle empezaba a vir "Pedro chosco".
Grazas a Ariel e Karina pola súa visita. Gozámola moito.




jueves, 15 de diciembre de 2016

COÑECIMOS A XABI.

O noso Panda Anxo rematou o curso pasado cunhas gañas enormes de presentarnos ao seu irmán Xabi. Por fin chegou o día e aquí o temos. Xabi xa é máis maior que os outros irmáns que pasaron pola clase desde que estamos xuntos. Así é todo gustounos moito coñecelo. O que máis lle gusta a Xabi é xogar có móbil da súa nai e tamén quixo probar os nosos xoguetes. Algúns de nós xa o coñeciamos e fomos saudalo. 
Para o próximo curso terémolo no cole e xogaremos con el encantados.
Grazas Xabi pola túa visita e grazas a Alicia, a súa nai, por pasar este ratiño connosco.




domingo, 6 de noviembre de 2016

VISITA DE PABLO MIGUEL.


O xoves recibimos a visita do irmanciño do noso compi Marcos, Pablo Miguel. O vindeiro día nove fai cinco mesiños pero está moooooi grande!. O panda Marcos estivo moi contento porque aproveitamos para compartir o momento tamén coa súa irmá Bruna que vai en sexto de primaria. Entre todos fixemos de periodistas e fomos moitos os que lle fixemos preguntas a Carla, a mamá de Marcos. Que come Pablo?. Ten dentes?. Xa fala?. Axudan Marcos e Bruna a coidar a Pablo?. Sabe camiñar?. Que coidados necesita?... Pasámolo moi ben e portámonos moi ben porque Pablo estivo moi contento con nós sobre todo cando poidemos agarimalo un pouquiño, pero so un pouquiño... para non mancalo. Grazas Pablo Miguel e Carla pola vosa visita!. 


viernes, 17 de junio de 2016

VISITOUNOS XABIER!

Case rematando o curso tivemos a visita do irmán da nosa compi Icía. Chámase Xabier e estivo acompañado pola súa nai e o seu pai. É moi guapo!. Poidemos ver o pequerrecho que é porque non se ten en pé e haino que tratar con moito tino. Icía contounos que se porta moi ben. "So chora cando ten fame, está incómodo ou ten sono". Xabier portouse moi ben porque todos lle fixemos unha carantoña e fomos moi coidadosos con el. So ao final tiña un pouco de sono. Había un intre que rematara de xantar e quería durmir.
Grazas familia pola vosa presencia e por contarnos a vosa experiencia co novo membro da familia!.











  

jueves, 17 de marzo de 2016

VISITA DE SÁLVORA!.

Hai uns días tivemos na clase unha sorpresa: a visita de Sálvora, irmá do Panda Lois. O noso compi emocionouse moitísimo e xunto coa súa nai Silvana aprendimos moitas cousas sobre os bebés: onde estaba Sálvora antes de nacer e como se alimentaba, que come agora, por que non come coma nós, que coidados necesita, como se comunica, que pode facer e que non pode facer aínda...
Gustounos moito ver como Silvana lle cambiaba o cueiro e lle preparaba o bibe e ademais... Sálvora estivo supercontenta. Vede o seu sorriso e a nosa ledicia con esta compaña. Grazas pola túa visita Sálvora!.


 

martes, 22 de abril de 2014

MENCÍA... NAS PATACAS.

Aquí está a nosa primeira entrada logo das vacacións de Pascua. Esta vez fixéchedela vós familias!. Noraboa á familia de Mencía por mandarnos estas fotos tan chulas da plantación familiar das patacas. Seguro que coas mans expertas da avóa e a axuda da nosa peque estas pataquiñas terán "o ceo alto".
Estes días aproveitaremos para que Mencía nos explique como o fixo. Grazas familia!.







sábado, 25 de enero de 2014

O XIRASOL ADRIÁN PRESÉNTANOS A... RUBÉN.

Esta semana o noso compi Adrián presentounos ao seu irmanciño Rubén. Rubén veu á clase coa súa nai Belén que nos contou moitas  cousas del porque con seis mesiños... xa come froita, empeza a querer camiñar, fai uns sons moi simpáticos e ata comeza a dicir "papá" e "mamá". Pasámolo moi ben con este pequecho porque lle gustamos tanto que nos quixo saudar a todos camiñando pola alfombra. Pero... o que máis lle gustou foi un sol que temos pendurado do teito cunha cariña moi simpática. Mirade senón as fotos.
Grazas a Belén por acompañarnos este ratiño e sobre todo a Rubén por virnos visitar.


sábado, 26 de octubre de 2013

COÑECIMOS A IAN.

A nosa compañeira Naia, como xa sabedes, hai pouco que tivo un irmanciño. Esta semana puidemos coñecelo porque nos visitou coa súa mamá e a súa irmá Kelly. Encantounos que estivese connosco porque Adriana nos contou moitas cousas do seu bebé: os diferentes tipos de choro, como se alimenta, como hai que limpalo e ata como se anaina a un pequerrecho. Escoitade ó seu canto de berce e... o do Xirasol Adrián, que el utiliza para que durma o seu irmanciño Rubén (do que pronto esperamos a súa visita). Grazas a Ian pola visita e a mamá Adriana por facernos tan amena e interesante a túa explicación.


                                                    

viernes, 24 de mayo de 2013

BENVIDA CLAUDIA!

A semana pasada visitounos a irmá do noso compañeiro Santiago e esta semana tocoulle a Claudia, irmá de Alba. Case case podía vir soíña pero non... trouxoa a súa avóa Mercedes. Claudia ten seis mesiños e claro, pareceunos moi grande en comparación con María. Xa se sostén soíña sentadiña na alfombra, xa se lle escoita "falar" moito máis, ten dous dentiños e como non... xa está moi grandiña!. Tanto que esta vez a ninguén lle deu medo collela no coliño.
Claudia almorzou con nós porque aínda había pouco que se erguera. A súa avóa contounos que xa comía carne, peixe, verdura e froita. "Machacado" claro está, deducimos nós rapidamente. Mirade como disfrutamos que ata colaboramos  para cambiarlle o cueiro, dándolle volta á súa roupiña... 
Disfrutamos moito da vosa compaña e dámosvos as grazas por compartir o voso tempo con nós e ensinarnos tantas cousas. Grazas familia.

sábado, 18 de mayo de 2013

COÑECIMOS A MARÍA, A IRMÁ DO XIRASOL SANTI.

O mércores recibimos unha visita especial. Tivemos connosco a María, irmá do noso compañeiro Santiago e á que non coñeciamos en persoa. Apenas ten dous mesiños e medio pero estivo moi espelida todo o tempo e... como era a hora da parva tamén ela quixo tomar a súa je,je!!. Logo, para que lle entrase o sono, abaneámola un pouquiño colléndoa no regazo (de certo que quedou durmida). Foi unha experiencia moi bonita porque coas explicacións da súa mamá lembramos que, non hai moito, tamén nós fomos pequenos. Grazas a María e aos seus papás por adicarnos un pouquiño do seu tempo.

sábado, 16 de marzo de 2013

O XIRASOL SANTIAGO PRESÉNTANOS A SÚA IRMÁ.

Esta semana o noso compi Santiago tróuxonos unha foto da súa irmá María. Está moi contento con ela e a nos encantounos coñecela. Noraboa á familia e esperamos coñecer a esta pequecha dentro de pouco. Invitámoste María a visitar a nosa clase, cando medres un pouquiño e chegue o bo tempo. Lémbraremos como fomos de pequenos. Parabens!.