ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Lóxica-matemática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lóxica-matemática. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de abril de 2018

E CHEGOU O 9 DE... NUMERETE!


Pero... o agasallo que Numerete lle deu a Numereta polo seu aniversario non foi outro que unha lupa!. No planeta dos diminutos era o obxecto que Numerete tiña que usar para ver aos seus habitantes e non acabar pisandoos. Como se asemella moito ao número 9 pois aquí tedes a Numereta suxeitando o seu agasallo.
O vindeiro curso botaremos de menos as túas visitas invisibles Numerete... Grazas por acompañarnos nestes tres cursos!.








"El nueve,
el nueve es muy alegre
y a todos nos divierte.
Una luna llena 
y un poste a la derecha".

martes, 16 de enero de 2018

O DÓCE DE NUMERETE!

Hai uns días que Numerete voltou visitarnos. Nesta ocasión viña de coñecer un planeta moi curioso porque estaba formado por dous círculos, un enriba de outro no que ademais os seus habitantes eran moi afeccionados a un doce con esa mesma forma: coma o número 8 que nós xa coñecemos. Numereta e Numerete mercaron cadanseu doce, que por certo estaba delicioso e... emprenderon unha nova viaxe estelar.





"El ocho.
el ocho caprichoso
lo quiere casi todo.
Una S abajo
un gusanito arriba".

domingo, 14 de enero de 2018

FELÍZ ANO 2018 PARA TOD@S!





















Xa estamos de volta: un novo ano, un novo mes e unha nova estación pero o primeiro día de cole recibimos unha sorpresa estupenda. 
Un agasallo chamou a nosa atención nada máis chegar a clase. En seguida nos puxemos a ler a mensaxe que traía. Era dos Reis Magos!. Fomos moi traballadores ao longo do 2017 e mereciamos algo que nos axudase a aprender un pouco máis neste novo ano. A encargada do día, Zaida, apresurouse a abrilo logo da asemblea. 
Vaia sorpresa!!: catro pizarras de rotus, unha táboa do cen xigante e unhas pezas chamadas policubos. Xenial!!. Xa estamos deseando empezar a utilizar todo esto e por suposto que imos aprender moitísimo. Veredes, veredes!!. 
Ah!! pero non se nos pode esquecer desexarvos a todas e todos moi Felíz Ano 2018 cheo de novas e gozadas aprendizaxes.





martes, 17 de octubre de 2017

SEGUIMOS A VIAXAR POLOS PLANETAS DE NUMERETE!

Xa nos tardaba a súa visita!. Algúns dos Pandas xa nos preguntabamos cando viría visitarnos e por fin tivemos noticias. Coma sempre e de sorpresa petaron á nosa porta cando más concentrados estabamos. A nosa mirada foi directamente cara alá e... a encargada recolleu o sobre que asomaba pola porta. 




Era de el, fixo!.

 






Desta vez contábanos como no novo planeta que visitara lle fixeran un agasallo para a súa moza: unha saia das que usaban as rapazas alí e coa que danzaban a carón das ondas do mar nas noites máis calorosas do verán. 
Aquela saia... parecíasenos ao número... 7!. 
E así foi como lle colocamos a Numereta a súa fermosísima saia e aprendimos que o 7 facémolo cantando...







"El siete, 
el siete es un valiente
y da un paso al frente.
Derecha, abajo
y un cinturón"

lunes, 1 de mayo de 2017

NUMERETA!!

Esta semana... tivemos noticias!. Sabedes de quen?. Pois si... de Numerete. Pero o descubrimento dun novo planeta veu acompañado dunha foto de... Numereta!. Agora acompaña ao noso amigo no descubrimento de novos planetas. Nesta ocasión chegaron ao planeta do número 6. Alí as maceiras tiñan 6 mazás, os limoeiros 6 limóns e as pereiras 6 peras. Uns cabalos que por alí galopaban e claro, facían moitísimo ruido, agasallaron a Numereta cuns cascos para as orellas e así que non se asustase tanto ao escoitalos correr. Aquí a tedes.







"El 6, 
el 6 es como un rey,
que está tomando el té.
Larga curva
y una luna"

martes, 24 de enero de 2017

E LOGO DO NADAL... VISITOUNOS NUMERETE!

Hai uns días voltamos a ter noticias de Numerete. Logo do Nadal visitou o planeta do 5 e quixo compartir connosco as súas experiencias e que... xa ten nariz!. Non nos fixaramos na súa imaxe e descubrimos que efectivamente Numerete non podía ulir. Os habitantes deste novo planeta ensináronlle que na man temos 5 dedos e que cada un cheira de xeito diferente. Esto foi un gran descubrimento para o noso amigo e pedíu que lle colocasen un nariz. Aquí o tedes presumindo e... ulindo!. Ensínanolo Itai e aquí temos a súa canción.












"El 5, el 5 es gran amigo,
y siempre va conmigo.
Izquierda, abajo y 
barriguita".

domingo, 16 de octubre de 2016

SORPRESA!!. CHEGOU DE NOVO NUMERETE!.

Hai uns días volvimos a escoitar na nosa porta un son coñecido. Alguén petou moi forte e ao mirar cara ao chan démonos conta de que... Numerete voltara!. Alí estaba o seu sobre verde e claro dentro del unha carta do noso amigo. Contounos que coa súa nave foi parar ao planeta do número catro. Curiosísimo porque alí o único que atopou foi animais de... catro patas claro!. Así que... colocamos os dous números catro que nos mandou nas mismísimas perniñas de Numerete. Así de chulo quedou e sen perder un intre apresurámonos a aprender a canción deste novo número que xa estamos facendo super ben.




 



"El 4
el 4 que es muy guapo,
se hace su retrato.
Bajo y cambio
y no me caigo".

lunes, 30 de mayo de 2016

CHEGOU O 3!

Outra vez sorpresa!. O coñecido sobre verde apareceu baixo a nosa porta. Carta de Numerete!-dixemos tod@s. Víctor, o encargado dese día, apresurouse a mirar no sobre e xa vedes o que atopou...












Era o número 3!. O noso amigo contounos unha nova aventura na que esta vez atopou con... Os tres porquiños!. Pasou un bo rato con eles e como recordo trouxonos algo semellante a un rabiño. De seguro que lembrando a Numerete e o seu descubrimento, seranos super fácil aprendelo todo sobre este número.


"El 3, el 3 que es muy cortés,
se sienta al revés.
Media luna arriba, 
media luna abajo"

lunes, 11 de abril de 2016

XA VAN 2!

Hai uns días, mentres nos relaxábamos, un sobre verde asomou pola regandixa da nosa porta. Numerete!, dixemos. Recollimos o sobre e... abrimos a porta por ver se viamos a alguén. Nin rastro, somente unha bolsa que... pesaba un pouco!.
Abrimos o sobre e comezamos a ler. Numerete contounos que descubríu outro planeta e alí... falaban de dous en dous. Falaban á vez: 2 calcetíns, 2 luvas, 2 zapatos, 2 pendientes... e ademais, contaban chistes. Numerete animouse a escoitalos e como non sabía ningún chiste cantoulles a canción de: 
"Saíu o sol pola mañán,
saíu o sol con cara de can".
Eles riron moito, tanto que ata a parella de pendientes se animou a subir á nave de Numerete. Nós, imaxinamos como serían e... mirade que adobíos máis chulos lle puxemos ao noso amigo. 









Tamén o 2 ten a súa canción, aquí vai:
"El 2, el 2 es un patito,
que está tomando el sol,
media vuelta
y una raya".