ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 14 de enero de 2018

FELÍZ ANO 2018 PARA TOD@S!





















Xa estamos de volta: un novo ano, un novo mes e unha nova estación pero o primeiro día de cole recibimos unha sorpresa estupenda. 
Un agasallo chamou a nosa atención nada máis chegar a clase. En seguida nos puxemos a ler a mensaxe que traía. Era dos Reis Magos!. Fomos moi traballadores ao longo do 2017 e mereciamos algo que nos axudase a aprender un pouco máis neste novo ano. A encargada do día, Zaida, apresurouse a abrilo logo da asemblea. 
Vaia sorpresa!!: catro pizarras de rotus, unha táboa do cen xigante e unhas pezas chamadas policubos. Xenial!!. Xa estamos deseando empezar a utilizar todo esto e por suposto que imos aprender moitísimo. Veredes, veredes!!. 
Ah!! pero non se nos pode esquecer desexarvos a todas e todos moi Felíz Ano 2018 cheo de novas e gozadas aprendizaxes.





No hay comentarios:

Publicar un comentario