A aula dos Pandas participamos, como todos os anos, na elaboración do álbum bilingüe deste curso. Xirou en torno á temática do mar incardinado no P.D.I de Centro "Alén do mar". Aprendimos moitísimo pois a profe Eugenia soubo motivarnos estupendamente. Encatábanos saír na busca dos cromos correspondentes que se atopaban espallados por todo o cole e sobre todo... colocalos despois no álbum. Aquí nos tedes!. Ah!. E polo traballo ben feito, cando rematamos, recibimos un fermoso agasallo: un libro desplegable... en inglés, por suposto!.
O venres, logo do recreo, celebrouse na entrada no noso cole a entrega de premios da edición deste ano do Álbum Bilingüe relacionado coa temática de As Fragas. Asistimos lucindo as nosas condecoracións por un traballo "Ben feito". Como nunha entrada anterior puidéchedes ver os Pandas estivemos moi implicados e axudamos a completar o álbum de infantil. Como premio á nosa estupenda aportación a profe Marga agasallounos cun fermoso libro que recolleu a encargada do día, Zaida. Xa na clase comprobamos que se trataba do libro titulado "Snail and ant". Límolo, co noso inglés, pero esperamos a que Marga lle de o verdadeiro acento, je, je!. Aínda que entender... entendímolo, eh!.
Coma o curso pasado por estas datas a profe Marga tráenos o seu catalexo e nós... a explorar!. Neste curso e como traballo dentro do Proxecto Documental Integrado no que está inmerso o centro, a temática non podía ser outra que "As Fragas do Eume". Así que aquí nos vedes en plena busca de palabras novas, en dúas linguas, inglés e galego. Primeiro imos polo corredor na busca da fotografía que tocou ese día para aprender o seu nome en galego e inglés.
Despois pegamos a foto no lugar correcto do álbum e falamos sobre a imaxe que máis nos gusta, buscamos outras xa traballadas...
Finalmente de volta na clase e, logo de ter atendido moi ben, conseguimos a nosa estreliña de "good explorer!.
Grazas Marga por prepararnos este novo albúm e facer que aprendamos de xeito tan divertido!!.
Este foi o noso primeiro ano participando na proposta das profes de inglés, Marga e Ana, o álbum bilíngüe. Entusiasmounos moito porque realmente fomos uns grandes exploradores. Tivemos que abrir ben o olliños e "lupa en man" descubrimos polos corredores do cole as imaxes dos animais do Océano. Entre tod@s @s nen@s de infantil completamos o noso álbum. En primaria é máis complicado pero tamén poidemos ver como os maiores revolucionaban os corredores completando o seu álbum individual. Como remate desta actividade recibimos un estupendo agasallo para cada aula de infantil que se encargou de recoller, nun acto especial, @ encargad@. Os Pandas recibimos un estupendo puzle de animais, por facelo tan ben!.
Grazas profes de inglés por esta estupenda proposta!.
Nestas datas e logo de traballar moito nas clases de inglés a profe Marga recompensa o noso esforzo cun agasallo. Nesta ocasión o album bilingüe tratou sobre os deportes. Tivemos que aprender moito sobre os diferentes tipos e os seus nomes en inglés e en galego. Coa nosa chapa na solapa amosando os nosos logros recollimos este xogo tan divertido. Mágoa que remate o curso e non poidamos seguir perfeccionando a nosa puntería. Grazas profe Marga!.
Onte rematamos o trimestre cun recoñecemento ao esforzo dos nosos peques. Foi a noraboa e un agasallo por ser uns magníficos exploradores. Atoparon, coa axuda da profe Marga, tódolos animaliños que ela lles propoñía pero claro... en inglés. Logo comprobaban de que animal se trataba lendo o seu nome en galego. Para os compis de primaria a cousa era máis complicada porque debían completar un álbum moi grande. Aquí nos tedes disfrutando do noso agasallo: unha bolsa de animaliños, para... seguir aprendendo!.
Hai uns días, tódolas aulas do cole recibimos un agasallo e os parabéns pola satisfactoria resolución do Álbum Bilingüe. Este ano ensinábanos os nomes de flores en inglés e en galego. Os Xirasoles recibimos un vale que trocaremos nuns días por un libro en inglés. Estivemos moi contentos e á vez moi tristes porque tamén despedimos a Stephanie, a auxiliar de conversa que tiveron os compis de primaria pero que tamén poidemos disfrutar nós en varias ocasións.
Estes días estamos disfrutando moito na clase de inglés con Stephanie. (É unha profe que tamén lles ensina inglés ao maiores e veu de Estados Unidos). Xa nos ten contados dous contos e aquí tedes unhas fotos. Se queredes ver máis do seu paso por infantil e escoitala en vivo clicade aquí.