ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 4 de junio de 2017

WELL DONE!!


O venres, logo do recreo, celebrouse na entrada no noso cole a entrega de premios da edición deste ano do Álbum Bilingüe relacionado coa temática de As Fragas. Asistimos lucindo as nosas condecoracións por un traballo "Ben feito". Como nunha entrada anterior puidéchedes ver os Pandas estivemos moi implicados e axudamos a completar o álbum de infantil.
Como premio á nosa estupenda aportación a profe Marga agasallounos cun fermoso libro que recolleu a encargada do día, Zaida. Xa na clase comprobamos que se trataba do libro titulado "Snail and ant". Límolo, co noso inglés, pero esperamos a que Marga lle de o verdadeiro acento, je, je!. Aínda que entender... entendímolo, eh!. 












 THANK YOU VERY MUCH, TEACHER MARGA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario