ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 1 de junio de 2017

AS FRAGAS DO EUME. O NOSO PARAÍSO!

Foi alá polo outono cando os Patiños e os Pandas fixemos a nosa saída Ás Fragas do Eume, lembrades?. Este pequeno gran proxecto rematou inmerso no Proxecto Documental Integrado do noso centro e agora amosamos todo o traballo realizado a traverso desta xanela que é o noso blogue.
O proceso foi o seguinte:

- Con toda a documentación aportada desde a casa polas familias e que xa viña clasificada segundo a guía presentada, cada un dos catro grupos de aula realizamos un mural moi sinxelo que nos daba pistas a cada membro do grupo para poder explicalo aos demais ou a un posible auditorio.


 











- Coa diferente bibliografía recollida realizamos o noso documento sobre o Parque Natural.



- Animámonos a gravar a nosa reportaxe sobre todo o aprendido no proxecto e quedounos... así de ben!.



SOFÍA: As Fragas do Eume son un bosque atlántico no que chove moito e as temperaturas son suaves. Está nos concellos de Monfero, As Pontes, A Capela, Cabanas e Pontedeume.
ICÍA: Hai moitos animais de río e bosque.
PABLO: Polas Fragas do Eume pasa o río Eume.
ITAI: O río Eume nace na Serra do Xistral, provincia de Lugo, mide oitenta quilómetros e desemboca na ría de Ares.
ALDARA: O río Eume pasa por Ombre, por Nogueirosa, por Pontedeume e por Cabanas.


ICÍA: A flora das Fragas ten plantas moi variadas.
VALENTINA: A árbore máis importante é o carballo, o seu froito é a landra e hai moitos.
PAULA: Tamén é importante o castiñeiro e o amieiro que nace preto do río Eume.
ANTÍA: Nas Fragas hai moitos fentos. O máis importante e a woodwardia, xa existía na época dos dinosauros.
VÍCTOR: Hai tamén brións e arbustos coma o toxo e a súa flor o alecrín. Están o acibro e o loureiro que sirven para as comidas. As árbores se usan para que o aire esté máis limpo. Tamén nos dan aceite para a pel e castañas para comer.


HUGO: A fauna das Fragas ten todos estes animais.
CARLA: Voan no ceo a estreliña riscada e o martín pescador que pesca no río Eume.
MAYRA: Entre as árbores agóchanse os animais como o gato bravo, o zorro e a donicela.
ANXO: Como nas Fragas hai moita humidade alí están a lesma, a píntega e a lagartixa da serra.
ZAIDA: Os insectos case non se ven pero aquí está a bolboreta tornasolada e o cárabo.
AMONÁ: O animal máis asombroso é o porco bravo. Sae polas noites, come as raíces das plantas da miña madriña en Monfero, Taboada.
















INÉS: Grazas ás Fragas podemos gozar de moitas cousas.
MARTÍN: Visitar o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
JULIA: Cruzar o río Eume por dúas pontes colgantes.
LOIS: Recorrer sendeiros e comer ao aire libre ou nun restaurante.
CLAUDIA: Pescar a anguia e a troita coa nosa cana de pescar.
ROI: As Fragas nos dan aire limpo para respirar mellor, tamén nos dan auga para beber, coa súa forza a auga danos electricidade e move muíños para facer o pan.
EZEQUIEL E REEF: Vide coñecer as Fragas do Eume porque son o noso paraíso!

- Colaboramos co resto dos compis de infantil na elaboración do decorado para a representación da Lenda do nacemento do río Eume. Aquí nos tedes "máns ao decorado":








- Estamos a piques de representar a Lenda do nacemento do río Eume a todo o cole.
- E deixaremos, xunto cos Patiños, a lenda impresa en papel reciclado, (aproveitando o taller de reciclaxe realizado hai uns días) na biblioteca do noso cole.

Axiña teredes imaxes destas dúas actividades nesta mesma entrada.

ATENCIÓN DE NOVO!!.

Este luns toda Educación Infantil convidamos ao resto do cole a ver a representación da Lenda do nacemento do río Eume. Despois dalgúns ensaios aquí nos tedes. Díronnos moitos parabéns así que... debeu gustar moito.
Xa nos diredes.















E aquí amosamos, xa rematado, o noso libro da lenda. Gustounos moito sentir como se escribe sobre o papel reciclado!. 


4 comentarios:

  1. Moi bo traballo !!!!
    Que traballadores estes pandas!!!!
    Una vez mais, noraboa os profes polo traballo que estades a realizar cos nos@s peques

    ResponderEliminar
  2. Grazas Rocío!. Esto non sería posible sen o voso estímulo cara ao cole desde a casa. Mil grazas por estar aquí.

    ResponderEliminar
  3. Porque nos queremos,
    porque nos cuidamos,
    porque estamos juntos y
    nada es complicado.

    Porque con un gesto,
    con una mirada,
    todo pasa a ser
    un cuento de hadas.

    Porque si estamos juntos,
    entre todos formamos
    este pequeño mundo
    que "familia Panda" llamamos. :)

    ResponderEliminar
  4. Preciosos versos Marilú y llenos de sabiduría y razón. Gracias por estar aquí.

    ResponderEliminar