ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Nadal (decoración). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal (decoración). Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de diciembre de 2016

A NOSA ÁRBORE DE NADAL.

Este mes e coa colaboración das nosas familias decoramos o corredor principal do cole. As mamás e os papás axudáronnos moito para que esta árbore de botas quedara fermosísima. 
Na aula cada neno contou aos seus compañeiros como foi o proceso de decoración da sua bota e aquí tedes o resultado.
Grazas pola participación e así facer posible que o Nadal luza no noso cole deste xeito tan bonito.














domingo, 13 de diciembre de 2015

RESPIRANDO NADAL!

Desde hai unha semana no noso cole "respiramos Nadal"!. Comezamos coa vosa axuda inestimable familias. Grazas a ela podemos lucir esta preciosa árbore de Nadal no corredor principal. Agradecervos sobre todo a implicación dos nenos nesta tarefa pois hai que ver o orgullosos que estaban cando contaron ao resto dos compis e á profe qué foi o que fixeron eles no patrón. 




domingo, 7 de diciembre de 2014

ADIANTOS DE NADAL.



Cando se achegan estas datas os Xirasoles e as nosas familias participamos na decoración do cole. A nosa árbore de Nadal xa loce no corredor principal. Este ano decorada con campás. Vede que artistas estamos feitos e como lucimos ao seu carón. Grazas pola implicación e colaboración nestes traballiños familias!



viernes, 13 de diciembre de 2013

PREPARANDO O NADAL.


Pouco a pouco respiramos aire de Nadal: na aula estamos a deseñar os nosos bastóns para decorar o corredor, facemos detalliños que adornen a clase e coma sempre visitamos o nacemento do cole. Gustounos moito e ademáis alí poidemos "Acender a nosa estrela" (vimos a nosa foto nunha estrela) dos mellores desexos para este Nadal. Aquí nos tedes disfrutando destas datas. 














lunes, 9 de diciembre de 2013

A ÁRBORE DAS FAMILIAS.

Xa está aquí o Nadal! e este ano coma nos anteriores os peques colaboramos coas nosas familias na decoración navideña do cole. Aquí tedes unha mostra do que poden facer uns CD´S reutilizados. Fermoso verdade?. Grazas de novo e desexo que este "traballiño" vos teña servido para pasar un agarimoso ratiño co voso fillo.

 

martes, 11 de diciembre de 2012

TRASNIÑOS DE NADAL PARA ADORNAR O NOSO CORREDOR.

Aquí nos tedes aos xirasoles facendo de trasniños xoguetóns, tanto que acabamos pendurados no noso corredor ... a que lucimos xenial? (pero.. coidado neste nadal, pois estamos dispostos a facer algunha que outra falcatruada, je, je, je!!).

viernes, 7 de diciembre de 2012

MES DE NADAL OU DECEMBRO!

Esta semaniña, aínda que curta, foi moi intensa. Na aula e no cole xa respiramos "aire de Nadal". Os Xirasoles chegaron moi fachendosos amosando as súas estrelas feitas en familia e... a profe disfrutou colocándoas na árbore xigante, que formaron xunto coas dos demais compañeiros de infantil, no corredor do cole. Fixemos adornos para decorar a clase e poidemos disfrutar do fermoso belén deseñado pola profe Pilar e os seus alumnos (uns artistas na elaboración de anxiños, animaliños e casiñas). Por certo... recuperamos casiñas do antigo belen do Couceiro, dignas de ver e en moi bo estado. (De seguro que algúns papás ou quizais avós fostes os encargados de fabricalas de nenos). Animádevos a visitalo!.




Grazas pola colaboración familias!