ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2017

PEÓN E MAGOSTO!

"Polo San Martiño peóns ao camiño" 

No mes de novembro e como manda a tradición os Pandas compartimos o día do peón e o magosto. A pesares de esperar polo veraniño de San Martiño este ano tocounos acubillarnos na nosa aula, pois a pouca choiva que cae buscou estes días previos para aparecer e non nos permitíu celebralo coas nosas familias no exterior do cole. De todos xeitos seguimos tentando manexar o peón ou polo menos poñerlle "a capa". Aquí estamos guiados por Antía:













Imos colléndolle o punto con moita maña e ata nos atrevimos a "bailalo". 



Pero como aínda non nos atopamos moi hábiles no manexo dos peóns tradicionais aproveitamos á aportación de Aldara que nos trouxo unha peonza feita por ela e do noso compi Amoná que, como nestes tres cursos, trouxo para este día uns cantos peóns máis modernos. Mirade... estes si que bailan!.









"No San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

E nós, gozamos das castañas asadas cun vitamínico batido aportado pola Central Leiteira Celta. Para algúns foi o ano no que "por fin, ya le perdí el miedo a las castañas!". Estupendo!! porque... aínda vos quedan moitos magostos cos que pasalo ben no cole. 
O de este ano decidimos acompañalo con esta cantiga:











lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍÍÍÍÍÍÍN!!!!!


Un ano máis os Pandas amosámosvos as nosas creacións do Samaín. Unhas cabazas terroríficas!!!!. Amosámolas aos compis con moito orgullo e sobre todo presumindo do que cada un fixemos nela. O que máis nos gusta desta festa e que xunto con mamá e papá podemos crear xuntos estas obras de arte que despois locen para todos dentro do cole e no exterior. Todos podemos gozar das creacións de todos. 
Mil grazas pola vosa participación e axuda familias!!.


















martes, 2 de mayo de 2017

FESTA DOS MAIOS!!

O mércores na clase dos Pandas e logo de realizar a asemblea comezamos a lembrar unha festa que xa celebramos o pasado curso. A festa da primavera!. Pero... como eramos tan pequerrechos algúns non a recordábamos. Alguén dixo: os maios!! pero non estabamos moi seguros. 
Sabiamos algo sobre: flores, laranxas, ovos, follas, que poñen unha cousa verde da herba, que a cousa verde é pintura, non é pintura que son follas mesturadas, que é unha árbore, hai dous picos... Quereriamos saber o que é a cousa verde, por que poñen flores, por que se decora a cousa verde... e pensamos onde poderiamos investigar ao que algún respostou: no ordenador, en internet, na pantalla, preguntando ao veciño, á avoa, ao avó, a mamá, a papá...
Ese día marchamos para a casa co encargo de investigar sobre os maios e para lembrarnos, por si acaso, levamos un cuño de flor na nosa man.
Ao día seguinte Claudia trouxo un documento que procedimos a ler e puxémonos a recordar. 
Falábase de estructuras (a cousa verde) e colocamos no centro da alfombra unha cadeira que simulaba a estructura; da data na que se celebraba a festa e... de seguido pensamos nas características da primavera e imaxinamos a cadeira cheíña de flores; e tamén dicía algo de cantigas ao redor da estructura xa decorada. Así que... presentamos a cantiga que danzaríamos ao redor do noso "maio" este ano e puxémonos a ensaiar. 



Aprendimos máis cousas daquel documento pero como son moitas imos plasmalas nun mini-proxecto sobre "O maio". Estamos nelo.
Despois decidimos dar unha volta polo cole e mirade o que atopamos:


"A COUSA VERDE!"
Con diferentes formas, catro patiñas e dúas andas.





Seguimos á que tiña forma de cono e...

Atopamos ao profe Suso e aos nenos de 6º cubrindo a estructura co verde: 
coñecimos e ulimos o fiúncho, a xesta coa que facemos escobas, o buxo, a tuia, os fieitos e as hedras coas que podemos facer unha coroa.








De volta a clase pasamos polo patio e atopamos esta estructura case curberta polos peques de 1º e 2º.



E para ir practicando de cara ao ano que ven mirade que guapísimos estamos portando a estructura de infantil. E que xeitiño temos!!.








E chegou o venres... Arranxamos a aula para xuntármonos cos Patiños e preparar a nosa parte do maio porque da máis dura, encárganse as nosas familias. Este ano tocounos grinalda de "cartuchos", "calas", "trompetas". Hai que ver cantos nomes ten esta flor...
Con moito coidado de non pincharnos enfiamos a agulla de metal con tanza e fumos facendo a nosa cadea. Ao rematares, tiñamos a clase repartida en zonas de xogo e, compartimos un ratiño superdivertido cos nosos compis.









Cando rematamos levamos o noso traballo ás familias e disfrutamos vendo os dous fermosos maios que elaboraron con verde e cantidade de flores!. Quedaron fermosísimos!!. Despois... a nosa merecida parva coma se dun picnic se tratara.
Pero o mellor de todo foi o desfile do cole. Alí poidemos ver os catro maios rematados e danzar ao seu redor. 
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ATA O VINDEIRO
(Clicando na palabra MAIO vedes o vídeo xeral do cole)