ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Organización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Organización. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de noviembre de 2016

SEGUIMOS COMPARTINDO.

Como cada pouco tempo, esta semana tocounos empezar a compartir experiencias de mesa con novos compis!. 
Aínda que todos nos coñecemos e compartimos momentos de xogo na clase e no patio, a axuda que nos prestamos nos diferentes zoos e as actividades de pequeno grupo que compartimos fan que aprendamos a convivir coñecéndonos mellor. 
Colocamos os nosos prismáticos imaxinarios e... a descubrir onde está o noso nome!

  






miércoles, 11 de mayo de 2016

NOVOS COMPIS DE MESA!

Que sorpresa!. Hoxe chegamos ao cole e... estabamos un pouco descolocados. Íamos poñer o mandi ao noso sitio pero... alí non estaba o noso nome?. A buscalo!. Enseguida o atopamos e xenial!. Con que amigos tan guais me tocou!. Mirade as nosas cariñas e vede con que imos compartir na mesa este anaquiño de curso que nos queda porque... en nada somos xa da aula de 4 anos. Como medramos, eh!.


domingo, 11 de octubre de 2015

XA TEMOS O NOSO LUGAR!

Eh, aquí estaba eu!, cal era a miña cadeira?, este é o meu sitio!, bocexábamos algúns de nós cando a profe quería que nos sentásemos nas cadeiras. 
Pero un día chegamos ao cole e descubrimos que xa tiñamos un lugar na clase. Ollamos a nosa foto e con alegría descubrimos de quen era a que tiñamos ao lado. Axudamos a buscar o lugar dalgún compi que non o atopaba e dispuxémonos a compartir mesa e compaña. Algúns somos moi amigos e non nos tocou na mesma mesa pero temos a ventaxa de que esto nos permitirá facer aínda máis amigos e... sempre hai un tempiño no cole para estar co meu "mellor amigo".


 


 



domingo, 19 de enero de 2014

NOVOS COMPIS DE MESA!.

Esta semana estreamos mesa e novos compis. Cando chegamos logo da clase de psicomotricidade descubrimos que o nome que se encontraba no noso lugar non era o noso... pero vede que rápidos fomos en atopalo. Agora... a coñecernos un pouquiño mellor e como non a axudarnos moito.
Por certo, alguén pensou que un trasniño travieso foi o que nolos cambiou de sitio, quen sería...?. 


domingo, 20 de enero de 2013

NOVOS COMPAÑEIROS DE MESA.

Co novo trimestre, os xirasoles, estreamos compañeiros de mesa!. O mércores chegamos a clase e atopámonos un pouco despistados cando quixemos poñer o mandilón no noso sitio de sempre. Despois dun ratiño buscando enseguida localizamos o noso novo lugar. Vede a nosa sorpresa e o contentos que estamos disfrutando da nova compaña. De seguro que seguiremos compartindo moi bos ratos e sobre todo... axudándonos moito.

domingo, 30 de septiembre de 2012

CADAQUÉN NO SEU LUGAR.

Aínda que estamos pouco a pouco aprendendo a compartir, para rematar a semana xa contamos con algo propio e exclusivo. É o noso lugar na mesa. Alí están a nosa foto e o noso nome porque... cadaquén é único e especial. Védenos, estamos encantados!.