ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Nadal (actuación). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal (actuación). Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de diciembre de 2016

OS NOSOS PANDAS... UNS ARTISTAS!

A ledicia do Nadal está representada nestas imaxes. Gozade destas datas na compaña dos vosos TESOUROS. 
Bo Nadal!.



Un resumo destas datas tan especiais no cole:














sábado, 19 de diciembre de 2015

POR FIN... O FESTIVAL DE NADAL!


Logo de días de ensaios e preparación do festival por fin, @s peques do cole, nos demos conta do que era eso dun festival. Subir ao escenario e en algúns momentos ser observados por compis que nos aplaudían fixo que... pouco a pouco se nos fose sacando o medo e a vergonza. Aínda que non é o mesmo que os días clave... Eso si que impón!.
Bueno... que tal o fixemos?. As profes din que moi ben porque lle puxemos todo o cariño e ilusión do que somos capaces. Queriamos que nos saise xenial e nos vísedes estupendos!. Conseguímolo?.
Ah! e pasámolo xenial vendo actuar a todos os nosos compis do cole. Foi estupendo!.
Aquí tedes un recordo en fotos deste día. 



FESTIVAL NADAL 2015 - Kizoa Movie Maker

Logo do festival tivemos unha sorpresa!. Os Paxes Reais ían vir ao cole recoller as nosas cartas para os Reis Magos. Mentres non chegaban xuntámonos Patiños e Pandas e disfrutamos duns debuxos animados propios destas datas. 
E... chegou o momento!. Que nervios!. Non hai máis que ver as nosas caras nestas fotos. Rematamos este gran día xogando xuntos e compartindo unha parva deliciosa que rematamos con doces típicos de Nadal. Foi un gran día!.

martes, 24 de diciembre de 2013

LOS CALZONCILLOS DE PAPÁ NOEL.

E como agasallo de Nadal... que mellor que o sorriso dos nosos nenos e nenas no último día de cole antes de disfrutar destas datas tan fermosas e ilusionantes: representando a uns trasnos pillabáns que lle agochan os calzóns a Papá Noel, esperando ansiosos aos paxes reais e degustando as larpeiradas propias destas datas.
Esperamos que disfrutárades da nosa actuación e que con ela enchéramos de ledicia as portas do NADAL.
 
 

 
 
 

                                                                          

sábado, 22 de diciembre de 2012

PITIÑOS, GATIÑOS E PEIXIÑOS ATOPAMOS A NOSA ESTRELA!

"Buscando unha estrela"
Despois de moitos ensaios as Bolboretas e os Xirasoles amosámosvos, coa nosa actuación no Festival de Nadal, os artistas que estamos feitos. Danzamos ao son da panxoliña "Buscando unha estrela" e as nosas profes din que, os dous días (diante dos nosos compis e diante das nosas familias) o fixemos FENOMENAL!!. Que opinades vós?. Desexamos tervos ofrecido un intre de felicidade como porta de comezo para este Nadal.
Por se alguén se perdeu o noso debut, aquí nos tedes!.