ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de febrero de 2018

CONTACONTOS NA BIBLIO!

Hoxe poidemos gozar, coma en cursos anteriores, dos contacontos de Kalandraka no Xardín do Pasatempo. Alí nos achegamos Patiños e Pandas para escoitar a voz de Sara e os sons do acordeón de Álex. 
Deleitáronnos con tres historias musicadas realmente fermosas.







martes, 31 de octubre de 2017

LECTURAS ÁS ESCURAS!.










Aproveitando a o halo de misterio que envolveu estes dous días de Samaín, os Pandas á vez que en diferentes momentos da xornada o fixo todo o alumnado do cole, unímonos á "lectura ás escuras". Lanterna en man e o noso libro escollido fixemos a escuridade na aula de psicomotricidade e disfrutamos da nosa lectura. Igualmente compartimos xuntos o conto titulado "Un pesadelo no meu armario" que resultou ser moi pero que moi simpático. Non daba nada, nada de medo.

martes, 24 de octubre de 2017

CHEGOU UN BAÚL!


Con motivo do día das Bibliotecas chegounos á clase un baúl de parte da mascota da nosa biblio. Xa sabedes como se chama non si?. Pois Güino, mandou que dous alumnos de quinto de primaria achegasen á nosa aula un baúl cheo de libros. Aquí os tedes explicándonos como utilizar o contido deste baúl pois no pode quedar "parado", non. Unha vez lidos os libros deberemos ser responsables de pasarllos no baúl a aula de 4 anos A e eles pasaranllo a de 3 anos A. De seguro que durante este curso viviremos aventuras a montóns con todos este libros. Moitas grazas Güino, aproveitarémolos moi ben!.




jueves, 19 de octubre de 2017

OS MAIORES LÉNDONOS OS XOVES.


Este xoves comezou un curso máis a lectura dos maiores do cole aos mais pequenos e ao alumnado de primeiro de primaria.
Ata a nosa aula achegáronse Sabela e Nuria (Gaivotiñas da nosa profe durante tres aniños) e... como medraron, logo de velas na foto que tiña a profe. Contáronnos entre as dúas o conto "Os Bolechas xogan ás escondidas" e para rematar agasalláronnos cunha marioneta de pau de un dos personaxes do conto. O certo é que traballaron moito!. Grazas Nuria e Sabela!!. Gustounos moito o voso conto e este fermoso agasallo. Volvede cando queirades!.









viernes, 6 de octubre de 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ENTRAN NAS NOSAS CASAS!





















Hai uns días Güino convidounos a visitalo no Xardín do Pasatempo. Alá fomos Patiños e Pandas a ver que nos quería. Sentamos moi tranquiliños e poidemos ollar que alí, ao seu carón, tiña... dúas mochilas!. Xenial!. Logo de ver o seu contido e emocionarnos moito cos novos libros que contiñan aínda houbo outra sorpresa: íamos levar o noso libro de cada venres nunha bolsa-mochila que tamén nos tiña preparada a nosa mascota da biblio. Va que empezou o curso supertraballador este Güino?. Bueno moi baixiño e sen que nos escoite, nós tamén estamos moi traballadores eh!.
Grazas por estes agasallos Güino e estamos dispostos a gozar un montón destas lecturas na compaña da nosa familia!!.


lunes, 27 de marzo de 2017

NA BIBLIOTECA DE ALEJANDRO!!


O luns tivemos a nosa primeira saída de infantil á biblioteca do noso pobo. Aceptamos encantados a invitación de Alejandro, o encargado de colocar e prestar os libros. Bueno case, case... como na biblio de Güino!. Primeiro explicounos como funcionaba este espacio adicado aos máis peques e animounos a visitalo coas nosas familias. Ademáis... pódenos facer o noso propio carnet levándolle unha foto. Alejandro espéramos por alí xunto co Sereo!. Despois visualizamos un conto titulado "Rosa Caramelo". Algún de nós xa o coñecíamos pero encantounos oilo coa voz de Alejandro.























jueves, 26 de enero de 2017

CONTACONTOS CON... PACO NOGUEIRAS!


Hai uns días chegounos ao cole unha carta de Paco Nogueiras!. Siiii, aquel cantante tan simpático que nos anima coas súas cantigas no Samaín e no Nadal. Güino e a editorial Kalandraka, quixeron que viñera ao noso cole e onte poidemos disfrutar de dous contos musicados cos que gozamos un montón.










O primeiro foi o titulado "Renato", un reno que tiña que solucionar o problema dos seus cornos.






e o segundo foi "Mister Magnolia" que perdeu unha... bota pero sempre estaba super acompañado. 


Grazas á editorial Kalandraka e a Paco por este ratiño tan divertido. Esperámosvos noutra ocasión!.