ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 26 de enero de 2017

CONTACONTOS CON... PACO NOGUEIRAS!


Hai uns días chegounos ao cole unha carta de Paco Nogueiras!. Siiii, aquel cantante tan simpático que nos anima coas súas cantigas no Samaín e no Nadal. Güino e a editorial Kalandraka, quixeron que viñera ao noso cole e onte poidemos disfrutar de dous contos musicados cos que gozamos un montón.










O primeiro foi o titulado "Renato", un reno que tiña que solucionar o problema dos seus cornos.






e o segundo foi "Mister Magnolia" que perdeu unha... bota pero sempre estaba super acompañado. 


Grazas á editorial Kalandraka e a Paco por este ratiño tan divertido. Esperámosvos noutra ocasión!.

2 comentarios:

  1. Antia chegou a casa moi contenta pola visita de Paco Nogueiras,gustoulle moito

    ResponderEliminar
  2. Alegrámonos moito!. O certo é que todos disfrutan moito coas súas cancións e foi un luxo que viñese como contacontos. Saudiños e mil grazas polo teu comentario Rocío.

    ResponderEliminar