ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 2 de febrero de 2017

DIA DA PAZ!


O luns os Pandas encontrámonos co resto de compis do cole no patio dos maiores para celebrar o Día da Paz. Foi un acto moi bonito ao que asistimos engalanados coas nosas coroas da paz (este ano representaban unha folla de carballo como símbolo da árbore raíña das nosas Fragas) que manifestaban a nosa ilusión por sementar paz, moi pretiño de nós e no mundo enteiro.
Poidemos escoitar e "sentir" aos maiores do cole interpretando á frauta a melodía da canción "Viva la vida" de Coldplay. Coa profe Lara sempre o fan... FENOMENAL!. Finalmente soltamos as pombas, protagonistas sempre deste día. Pero... non rematamos aquí as celebracións e, invitados polos nenos e nenas de primeiro fomos á biblioteca onde nos contaron coa axuda dos maiores o conto titulado "A paz chegou ás Fragas do Eume", inventado por eles para este día e interpretado coa técnica xaponesa do "Kamishibai" (teatro de papel). Sorprendeunos moito!.




Xa o martes e como continuación da semana da Paz quixemos facer a nosa aportación ao carballo da Paz que adorna o noso corredor. Xa tiñamos falado durante varios días do que para nos é a Paz e despois da asemblea puxemos en práctica unha estratexia de traballo cooperativo semellante ao folio xiratorio. Para nós foi "a palabra ou a frase xiratoria". Sorteamos un secretari@ de grupo que foi o que se encargou de escribir as palabras que os seus compis de grupo aportaban en relación ao que para cada un significa "Paz".
O secretari@ toma nota e os demais axudamos se ten algún problema coa escritura. Todos colaboramos en que o resultado fose maravilloso, como así foi. O paso seguinte foi expoñer aos compis as palabras ou frases recollidas e saíndo ao centro da aula, cada secretari@ leunas en voz alta. Démonos conta ao instante de que algunha palabra non tiña que ver co tema. Non pasa nada... e razoamos o por que. De volta ao grupo tocaba poñerse de acordo para escoller unha das palabras escritas para cadansúa folliña. Nalgún grupo houbo algún desacordo pero... arranxámolo votando!. O último paso foi escribir a palabra escollida e aquí tedes as catro palabras que definen a PAZ PARA OS PANDAS.





 













No hay comentarios:

Publicar un comentario