ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Saídas (Parque). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas (Parque). Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2018

PARVA NOS XARDÍNS!.

Aproveitando o bo tempo e como todos os anos quixemos gozar da parva nos Xardíns de Lombardero. Imaxinade o ben que o pasamos logo de recargar baterías porque este curso subimos ao blog unha única foto como remate dunha etapa. Felices por todo o conseguido!.





lunes, 19 de junio de 2017

PARVA NO PARQUE!

A piques de comezar o verán, quixemos aproveitar como cada ano este bo tempo, para ires tomar a nosa parva a un parque xa coñecido: o do Xardín de Lombardero. Logo de comer relaxadamente puidemos disfrutar da area, do tobogán, das randeeiras e do resto de xogos do noso parque. Gozamos moito como podedes ver nestas imaxes.























jueves, 15 de mayo de 2014

RECREO NO PARQUE!

Hai uns días e aproveitando o bo tempo decidimos facer o recreo nos Xardíns de Lombardero. Acomodámonos, tomámos a nosa parva e... a xogar!. Foi moi divertido: deseñamos castelos na area, recollimos flores caídas, abaneámonos no bambán, escalamos pola plataforma e... aínda que algúns queriamos ampliar a exploración por todo o parque as profes non o permitiron. Facían garda permanente nos lugares máis perigosos. Pasámolo xenial!.