Hai uns días e aproveitando o bo tempo decidimos facer o recreo nos Xardíns de Lombardero. Acomodámonos, tomámos a nosa parva e... a xogar!. Foi moi divertido: deseñamos castelos na area, recollimos flores caídas, abaneámonos no bambán, escalamos pola plataforma e... aínda que algúns queriamos ampliar a exploración por todo o parque as profes non o permitiron. Facían garda permanente nos lugares máis perigosos. Pasámolo xenial!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario