ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de febrero de 2018

DIA DE ROSALÍA.


O pasado 24 de febreiro celebrouse o nacemento da nosa poetisa por excelencia, Rosalía de Castro. Na escola quixemos lembrarnos dela falando da súa obra e do seu amor por Galicia, a nosa terra. Tamén escoitamos o vídeo de Rosalía pequeniña e gozamos cos demais compis de infantil da lectura dun conto de Os Bolechas no que, os maiores do cole, nos presentaron a parte da súa obra que narra as vivencias de moitos galegos que sairon da nosa terra para buscar traballo noutros lugares.






miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA.


Hoxe celebramos no cole a nosa particular homenaxe á nosa escritora Rosalía de Castro. Lembramos entre todos a poesía traballada durante estes días pertencente a "Alborada" de Cantares Gallegos. O certo é que o pasamos moi ben pois puxémoslle xestos e axudados da interpretación que fai Uxía no CD "Rosalía pequeniña" ata nos animamos a cantarexala. Vede neste vídeo o exemplo.



Pero o certo é que xa levabamos uns días de traballo, desde que a Asociación de Escritores en Lingua Galega nos propuxo coma noutros anos a lembranza do nacemento da nosa poetisa por excelencia. Primeiro "limos" o seu nome e coñecimos a Rosalía nunha foto. Soubemos que lle gustaba moito escribir sobre a nosa terra, Galicia. Pero escribía dun xeito especial, como con música. Escribía POESÍA (algunhas palabras diferentes soan parecido). Escoitamos a poesía proposta para a ocasión e traballamos unha actividade moi chula. Aprendimos o que é unha postal e as partes da mesma, que é un selo e para que serve, que a nosa dirección é importante e sobre todo que a nosa postal debería levar unha imaxe. Cal?. Pois a que nos xurdíu logo de recitar a poesía de Rosalía: un paxariño comendo millo. E como xa se nos da moi ben eso dos círculos, foinos doadísimo facelo!. Rematamos pegando o selo que trouxemos da nosa casa, poñendo coa profe a nosa dirección e botando a postal na caixa do correo creada para a ocasión. 
Esperamos que xa chegaran as postais ao seu destino familias e poidades celebrar o día de Rosalía recitando xuntos:


Canta, paxariño alegre, 
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.