ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA.


Hoxe celebramos no cole a nosa particular homenaxe á nosa escritora Rosalía de Castro. Lembramos entre todos a poesía traballada durante estes días pertencente a "Alborada" de Cantares Gallegos. O certo é que o pasamos moi ben pois puxémoslle xestos e axudados da interpretación que fai Uxía no CD "Rosalía pequeniña" ata nos animamos a cantarexala. Vede neste vídeo o exemplo.



Pero o certo é que xa levabamos uns días de traballo, desde que a Asociación de Escritores en Lingua Galega nos propuxo coma noutros anos a lembranza do nacemento da nosa poetisa por excelencia. Primeiro "limos" o seu nome e coñecimos a Rosalía nunha foto. Soubemos que lle gustaba moito escribir sobre a nosa terra, Galicia. Pero escribía dun xeito especial, como con música. Escribía POESÍA (algunhas palabras diferentes soan parecido). Escoitamos a poesía proposta para a ocasión e traballamos unha actividade moi chula. Aprendimos o que é unha postal e as partes da mesma, que é un selo e para que serve, que a nosa dirección é importante e sobre todo que a nosa postal debería levar unha imaxe. Cal?. Pois a que nos xurdíu logo de recitar a poesía de Rosalía: un paxariño comendo millo. E como xa se nos da moi ben eso dos círculos, foinos doadísimo facelo!. Rematamos pegando o selo que trouxemos da nosa casa, poñendo coa profe a nosa dirección e botando a postal na caixa do correo creada para a ocasión. 
Esperamos que xa chegaran as postais ao seu destino familias e poidades celebrar o día de Rosalía recitando xuntos:


Canta, paxariño alegre, 
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario