ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 27 de febrero de 2016

EMPEZAMOS A CUMPRIR 4!


Sofía, Valentina e Aldara son as Pandas máis "velliñas". Este mes estrearon os 4 aniños e celebrámolo onte por todo o alto, coma sempre. Todos estabamos moi felices e demostrouse na algarada que tiñamos na clase. Cantámoslles, axudámoslles a soprar as candeas e disfrutamos dunha torta riquísima e saboreámola máis aínda cando a homenaxeada Sofía nos dixo que as tres colaboraran para facela. Moi ben familias por implicar ás vosas fillas nesta tarefa da que seguro se sentiron superorgullosas!. Nós pola nosa banda dímoslles os parabéns pois estaba para lamerse os dedos e mostra diso foi que todos os peques diron boa conta dela. 
Parabéns pequerrechas e a seguir medrando!. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario