ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

No noso cole non esquecemos datas importantes e nesta do 8 de marzo, na clase dos Pandas dialogamos sobre todo o traballo que realizan as mulleres máis próximas a nós: mamás e avóas. Cadaquén contou a súa realidade e o certo é que descubrimos o montón de cousas que fai mamá e a avóa e aínda que reciben axuda de papá hai cousas que case sempre as fan elas. 
Con motivo deste día, desde a biblioteca do cole, Güino e un grupiño de compis de 5º e 6º contáronnos o conto titulado "O libro dos porcos" e que visualizamos moi atentos. Aprendimos o importante que é compartir as tarefas entre todos os membros da familia. Ademais... así teremos máis tempo para disfrutar xuntos!.






No hay comentarios:

Publicar un comentario