ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Actividades na aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades na aula. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de mayo de 2017

TALLER DE RECICLAXE!

Hai uns días e aproveitando que estamos a traballar "A lenda do nacemento do río Eume" ocurríusenos, ás dúas aulas de catro anos (Patiños e Pandas), facer un taller de reciclaxe. Despois montaremos un libro sobre a lenda utilizando como portada e contraportada ese papel reciclado elaborado por nós mesmos.
Na aula xa temos costume de reciclar e malia que, este é o noso segundo ano no cole, aínda temos algunha dúbida de onde vai cada tipo de lixo. 
Pero... o do papel e cartón témolo claro: na papeleira azul. 
O primeiro que fixemos os Pandas foi REFLEXIONAR sobre a pregunta: 
- De onde ven o papel?. 
A resposta da maioría foi que o papel ven das árbores pero algún Panda tamén respostou que dos grandes contedores azuis que hai na rúa despois de reciclalo.
E desta última palabra xurdíu outra pregunta:
- Que é iso de reciclar?.
- Volver a usar, contestamos. 
- Pero usar... tal cual o recollemos?.
- Non!. Facendo novo papel. Foi a nosa resposta.
E como se fará isto?.
O segundo paso foi VISUALIZAR dous vídeos moi atentos. Aquí os tedes por se os queredes lembrar cos vosos peques.


O terceiro paso foi poñernos MANS Á OBRA!. Faríamos o noso propio papel reciclado seguindo os pasos que descubrimos logo de ver os vídeos:
1º RECOLLER.
2º TROCEAR.
3º MOLLAR.
4º ESMAGAR.
5º ESCORRER E
6º SECAR.

Para RECOLLER, á falta de camión, collimos o carriño do noso garaxe e "viaxamos" polo cole na busca de papel en condicións de reciclar porque...non todo vale. Observamos que non hai papeleiras que teñan os tres departamentos: papel, orgánico e envases e así nos atopamos papeleiras cunha mestura de lixo das que non poidemos aproveitar nada (papel, panos, vasos de plástico...). Ah!. Na viaxe tamén descubrimos que hai contedores especiais para cartuchos da fotocopiadora que logo se reciclan. 
Chegamos a secretaría... e ao contarlle a Paco ao que andabamos ofreceunos o seu papel, xa troceado!, e que tiña gardado nun saco logo de que unha máquina fixera del "espaguetes".







Ao día seguinte e logo de aproveitar anaquiños de papel que xa rasgaramos noutras actividades puxémonos a TROCEAR follas de xornais, folletos informativos e diferentes tipos de papel, con diferentes cores e texturas. Baleiramos o recollido e o que nós troceamos nunha gran caixa.






















O seguinte paso é MOLLAR, así que o encargado o día verteu unha cantidade suficiente de auga que cubrise o papel para que este abrandase.
Cando xa tiñamos mollado o papel lanzamos unha hipótese sobre como poderiamos facer para abrandar máis axiña o papel e convertelo en polpa. Axudaríanos que a auga estivese quente pero como esa posibilidade non era viable puxémonos a pensar como quentariamos a auga que agora contiña o noso papel: meténdoa no microondas, quentándoa cun secador, soprándolle... foron algunhas das solucións ata que alguén nomeou ao sol. Si!, berramos todos. Así que transportamos a nosa caixa cara ao gran ventanal da aula onde o sol quenta, ben forte!. 






 Antes de marchar e ao chegar o día seguinte dispuxémonos presurosos a ESMAGAR a polpa de papel co fin de facela o máis miúda posible.



A auga ía tornándose da cor gris do papel de xornal porque foi o papel que máis doado era de esmagar. Tamén o branco se desfacía axiña pero un papel de cor marrón foi o máis duro.
E chegou o día de facer a mostra de papel. Aínda que non tiñamos grandes batedoras industriais ou rolos coma os que aparecían nos vídeos para ESCORRER o que sería o noso papel, conseguimos, coas nosas mans, unha licuadora, unha escumadeira, un tamiz e trapos... aplastar e escorrer dabondo a nosa pasta de papel ata quedar moi lisiña. Vede senón: 


E agora... a esperar. Deixamos SECAR durante a fin de semana o noso reciclado e despois de sacalo dos moldes (cando vai secando a mesma lámina se vai desprendendo dos laterais e do fondo do molde pero convén ter conta de colocalo en lugar ventilado para acelerar un pouquiño o proceso porque absorbe un montón de auga aínda secandoo ben) mirade como nos quedou.








Poidemos manipular e ulir o noso papel e descubrimos as súas características especiais: cor, textura e olor. Todo bastante diferente ao que estamos acostumad@s a utilizar pero este papel... É NOSO e encantounos esta experiencia. Xa estamos preparados para levala a cabo na casa!. 
ANIMÁDEVOS FAMILIAS É MOI SINXELO!.
Nós imos utilizar as láminas para a portada do noso libro e para facer uns marcapáxinas porque... ata podemos escribir nelas!. Son unha grande idea para felicitacións, cartas especiais ou invitacións de aniversario e non custan nada. Somente... pasalo ben un anaquiño!.

miércoles, 19 de abril de 2017

O NOSO CORREDOR ULE A PRIMAVERA!.

Xa temos o corredor decorado con motivos primaverais. A aportación dos Pandas foron estas fermosas flores feitas con panos. Quedaron bonitas, non si?. 
Ademais poidemos contar coa axuda da profe Cintia que nos veu visitar ese día. Grazas profe!.
Este foi o proceso.


viernes, 16 de diciembre de 2016

"O QUE IMPORTA É O CORAZÓN"


Durante este trimestre os Pandas trouxemos á clase moitas das nosas ansias e intereses. Decidimos aproveitalas e así contaxiamos aos nosos compis para aumentar os nosos coñecementos. Aprendemos e coñecemos uns cos outros!.
O Panda Amoná apareceu un día coa bandeira do seu país de orixe, Etiopía. Xa viramos que este país está moi lonxe do noso no mapa e na esfera que temos na clase, pero decidimos buscar un mapa mundi más grande e así poder comprobalo mellor. Amoná amosounos unha tea de cores e algún de nós dixo:
  
- Es una bandera pero está mal. Tiene que ser roja-amarilla y roja!.  
- No está mal!. Es la bandera de Etiopía.
- Ah claro... la roja es la de España.

Miramos moi ben a bandeira: as súas cores, o debuxo central... que é unha estrela con raios! e no ordenador buscamos o seu significado. Vaia... canto pode dicir unha bandeira!.
No medio de tantos descubrimentos Víctor dixo:

- Pues mi mamá es de Venezuela y está aquí. 

E sinalou no mapa.
Valentina engadíu:

- Pues yo tengo familia en Colombia.

Marcamos no mapa por suposto.

- Mis abuelos están en Inglaterra. Dixo Reef.

Sinalamos Inglaterra.

- Yo estoy en Pontedeume. Engadíu Pablo.

Atopamos Pontedeume. 

Logo duns minutos de conversa visualizamos o conto "Un chocolate muy especial"...



que nos deu pé para coñecernos un pouco mellor e recoñecer que aínda que sexamos diferentes por fora o que realmente importa é o noso corazón. "Por dentro somos iguales"- díxonolo Senai que, xunto con Jinsheng amablemente aceptou a invitación a vires á nosa clase. Eles axudáronnos a comprobar que fisicamente podemos ser diferentes dependendo do lugar de onde veñamos.

- Pues yo no vengo de ningún país. Dixo Sofía.

- Ti eres de aquí, de España.

E aquí estamos... posando para a foto da "interculturalidade".














lunes, 12 de diciembre de 2016

A NOSA ESTRELA DO NADAL!

Hai uns días que os Pandas rematamos de decorar o noso corredor para estas datas tan fermosas. Fixémolo cunhas estrelas que xurdiron da nosa práctica coas sinxelas tiras de cartolina, das que xa vos falamos nunha entrada anterior. Aquí vos amosamos todo o proceso e cómo, utilizando os coñecementos aprendidos sobre as liñas e as formas xeométricas, demos forma a este adorno tan bonito.


domingo, 27 de noviembre de 2016

CON TIRAS DE CARTOLINA!

Na clase dos Pandas tentamos cada día ser un pouco mais respectuosos co medio que nos rodea. Cústanos un pouco clasificar cada refugallo na súa papeleira pero pouco a pouco imos aprendendo. Hai pouco comezamos tamén a separar os tapóns dos envases que a cotío traemos para a parva porque averigüamos que se xuntamos moitos podemos doalos para axudar a xente que o necesita (para pagar medicinas moi custosas, mercar unha cadeira de rodas...).
E sabedes que?. Tamén co papel que nos sobra e neste caso coa cartolina inventamos un xogo estupendo. Simplemente con tiras de diferentes tamaños, unha mañá, fomos quen de poñer a funcionar a nosa imaxinación. A representación gráfica e espacial do mundo que nos rodea empezou a xurdir cando comezamos a manipular as nosas tiras. 
Vede estas fotos e comprobaredes como non precisamos gastar nada para pasar un rato estupendo e á vez exercitar o noso maxín (casiñas de paxaros, flores en macetas, escaleiras, bambáns, edificios, o noso nome...). 
Vaia! pois... estaría xenial que na casa disfrutárades un ratiño cos vosos peques deste xogo tan entretido.