ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 27 de noviembre de 2016

CON TIRAS DE CARTOLINA!

Na clase dos Pandas tentamos cada día ser un pouco mais respectuosos co medio que nos rodea. Cústanos un pouco clasificar cada refugallo na súa papeleira pero pouco a pouco imos aprendendo. Hai pouco comezamos tamén a separar os tapóns dos envases que a cotío traemos para a parva porque averigüamos que se xuntamos moitos podemos doalos para axudar a xente que o necesita (para pagar medicinas moi custosas, mercar unha cadeira de rodas...).
E sabedes que?. Tamén co papel que nos sobra e neste caso coa cartolina inventamos un xogo estupendo. Simplemente con tiras de diferentes tamaños, unha mañá, fomos quen de poñer a funcionar a nosa imaxinación. A representación gráfica e espacial do mundo que nos rodea empezou a xurdir cando comezamos a manipular as nosas tiras. 
Vede estas fotos e comprobaredes como non precisamos gastar nada para pasar un rato estupendo e á vez exercitar o noso maxín (casiñas de paxaros, flores en macetas, escaleiras, bambáns, edificios, o noso nome...). 
Vaia! pois... estaría xenial que na casa disfrutárades un ratiño cos vosos peques deste xogo tan entretido.















No hay comentarios:

Publicar un comentario