ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 26 de noviembre de 2016

MAGOSTO E PEÓN!

A festa principal desde mes foi a celebración do Magosto na que tamén celebramos o Día do Peón. Os Pandas preparámolas con moita ilusión. Mágoa que non poidemos disfrutalas na compaña das nosas familias por mor do tempo!. Na clase comezamos coa decoración dos nosos portacastañas. Logo, co noso batido, xuntámonos cos demais compis de infantil na aula de psicomotricidade e alí despois de abrir a festa co Rap do magosto degustamos o froito típico do outono: a castaña (neste caso asada porque tamén aprendimos que se poden comer cocidas ou crúas e... ata preparalas en almibar!). 
Para rematar o día amosamos aos compis os nosos peóns e tentamos poñerlles a "capa" para botalos a bailar (cousa bastante complicada). Pero... houbo algún que sí bailou! sobre todo os máis modernos e os que non precisaban "capa".
Aquí tedes as imaxes deste día, o Rap do magosto e a celebración no cole. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario