ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 7 de noviembre de 2016

MAGOSTO E PEÓN... ACHÉGANSE!

O vindeiro venres, se o tempo o permite, poderemos gozar un ano máis das dúas celebracións raíñas do outono no Couceiro: o magosto e o día do peón. Coma todos os anos vivirémolas xuntos pero tamén coma sempre pedimos a vosa colaboración, neste caso máis urxente, para preparar con tempo o noso portacastañas. Sabedes que ten dúas funcións moi importantes?:
- Un compartimento sérvenos para soster o batido propio desta data e...
- O outro compartimento usámolo como papeleira para botar as mondas das castañas e non emporcar o chan.
Así que é moi importante que vos fixedes na súa elaboración co fin de que faga a súa función. Deixámosvos as fotos. Veredes que doado!. Ah! e... mil grazas coma sempre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario