ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta P.D.I. (Alén do mar). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta P.D.I. (Alén do mar). Mostrar todas las entradas

martes, 6 de marzo de 2018

COÑECENDO AS ARTES DE PESCA.


Patiños e Pandas seguimos a coñecer o noso mar. Comezamos coa saída didáctica ao Aquarium Finisterrae e seguimos hoxe coa visita ao porto de Pontedeume para coñecer as ARTES DE PESCA que utilizan os mariñeiros e mariscadores da nosa vila.
Alí nos recibíu Manolo, o patrón maior da cofraría de Pontedeume, para explicarnos con que aparellos se pescan as diferentes especies propias desta zona.
Ensinounos as nasas coas que se capturan os camaróns que se crían entre os xuncais do estuario do río Eume para despois vir cara á ría, onde se xunta o río co mar. Tamén se utilizan para recoller nécoras e polbos (cando acadan o tamaño axeitado e nunha época concreta do ano). Como cebo métese na nasa algún peixe que nos serve para comer pero que aos peixiños úlelles moi ben.




Coñecimos o trasmallo, unha rede con tres panos que serve para pescar xibas durante os meses de febreiro, marzo e abril. Esta rede ten corchos para flotar por unha parte e plomos para que afunda pola outra.




Manolo falounos dun xeito de pescar que se chama o cerco e para o que se utiliza unha rede moi moi grande coa que se rodean os bancos de peixes co propio barco. Co cerco péscanse sardiñas, xuleros e anchoas.




E aproveitando que por alí chegaba na sua chalana o pai da patiña Claudia vimos a rañeira coa que os homes desde a barquiña recollen as ameixas e os berberechos na nosa ría. Menudo varal longo que ten!





Pero... que facía Jesús alí?. Pois cosendo as redes. Unhas que se estragaron polo uso e outras que hai que xuntar para confeccionalas en relación á medida do barco ou do que se queira pescar. Vimos o "costureiro" de Jesús e tiña unha morea de agullas e moitos fíos.










Manolo tamén nos ensinou cebos artificiais cos que se enganan aos atúns que se pescan con outra arte chamada cacea.


Para rematar Manolo achegounos á lonxa, o lugar onde se leva a ameixa fina que se recolle na ría para medila (cunha criba porque se non ten a medida axeitada debe ser devolta ao mar para que medre un pouco máis) e posteriormente enviala á depuradora para limpar e que despois poida ser vendida na peixería ou no super. Deste xeito poderemos disfrutala no noso plato rica, rica!!. 




Mi madriña o que aprendimos!!. E non se nos esqueceu nadiña!!.

Moitas gracias Manolo por ensinarnos tantas cousas do noso mar e desta parte da nosa vila que é, o porto.







domingo, 11 de febrero de 2018

DE EXCURSIÓN... AO AQUARIUM FINISTERRAE!.


Dentro do Proxecto Documental Integrado "O mar" que estamos a traballar todo o cole a Patiños e Pandas tocounos visitar o acuario de A Coruña. Coma sempre os Pandas, ilusionados e dispostos a aprender moitísimo, marchamos este martes cara A Coruña.
Ao chegares estábanos esperando Silvia que moi amablemente e con un lote de paciencia (porque era fácil quedar abraiados por todo o que viamos) guiounos durante a visita.
Aos primeiros que nos presentou Silvia foron aos panchiños ou besugos para de seguido ensinarnos a coidar o noso mar porque nel aparece moito lixo que non debería chegar a el. Pero bueno... a alguén se lle ocorreu facer carautas e outras manualidades con todo o atopado. Ata había cascos de obreiros.
Desde un mirador vimos as focas machos e femias e ao noso costado coñecimos cousas interesantes dos mexillóns como que os brancos son os machos e os laranxas as femias. Ademais Galicia somos o segundo produtor do mundo logo de China.
Silvia ensinounos que existían "granxas de peixes" e lembrounos preguntar cando vaiamos á peixería cales eran peixes de mar ou de granxas. Aprendimos tamén que aos peixes de cores lles gusta a auga quentiña, que o polbo ten tres corazóns e sangue azul e que a diferente profundidade hai diferentes animais mariños. 
Vimos grandes acuarios con moitos e diferentes peixes. Fomos ver como alimentaban ás focas e finalizamos mergullándonos no Nautilus para atoparnos con Gastón, unha quenlla touro de 17 anos, que se adaptou moi ben ás nosas augas e xa leva connosco 15 anos. 
A algúns de nós asustounos un pouco esta criatura tan grande.
E para rematar poidemos gozar observando como un submarinista limpaba o acuario dos besugos. Lembrounos que nuns días tocábanos disfrazarnos tamén... de submarinistas.
Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo!!.






viernes, 17 de noviembre de 2017

A MENSAXE EMBOTELLADA!.

Lembrades que hai días Guino convidáranos á biblioteca solicitando a nosa axuda para descubrir o que agochaban unhas mensaxes que atopara nunhas botellas na praia de Zopazos?.
Pois puxémonos mans á obra e aquí tedes o que gardaba o noso pergameo. Tratábase dunha mensaxe escrita dun xeito un pouco raro. Tiña letras si pero no medio delas unhas bandeiras. Límolo pero aquilo seguía a ser moi raro...























A mensaxe dicía:
Escoita e aprende 
"BANDEIRAS" 
sen parar. 

Estas foron as nosas hipoteses sobre aqueles símbolos porque as palabras entendíanse ben:
- El barco fue por muchos países y esas son las banderas de los países.
- Son un adorno.
- Son de países...
Decidimos fixarnos mellor e descubrimos que...
- Hay algunhas iguais e outras diferentes.
Pero, por que?:
- Porque puede haber islas iguales y tienen banderas iguales.
- No, porque los piratas iban en el barco y dejaron una bandera en una isla y tenía otra igual y la dejaron en otra y allí se quedaron
- Tenemos que escuchar el mar, así aprendemos a nadar.
Alguén dixo:
- Pues buscamos en internet.
Moi decididos alí fomos e... que poñemos?
- Banderas.
Así o fixemos pero aquelas bandeiras que aparecían non eran coma as do noso pergameo eran de países que coñecemos.






Outro compi dixo:
- Y si ponemos "bandeiras inventadas"?.
Ala fomos e...




Anda... e se nos fixamabamos ben cada bandeira representaba unha letra. Eran BANDEIRAS MARÍTIMAS. 
- De los marineros!. 
Cada unha para unha letra. Xa podiamos descifrar a mensaxe. Aldara dictaba e Amoná escribía e esto foi o que saíu:



NADANDO

Así que a mensaxe dicía: Escoita e aprende NADANDO SEN PARAR.
Se tiñamos que escoitar pois... sería música!. Ala nos fomos a YouTube porque xa sabemos donde hay música en internet e escribimos Nadando sen parar e vede o que saíu:


Vaia sorpresa nos tiña agochada o pergameo... Pois alí nos puxemos todos a bailar e cantar a canción do noso proxecto e o certo é... que nos encanta!.



E agora so nos quedaba contestar a Güino logo de descubrir a mensaxe encriptada nas bandeiras. Para isto traballamos na aula a carta e o seu formato completando entre todos as palabras que lle faltaban á nosa carta. Aproveitando que o venres fomos á biblio levámoslle a nosa resposta.  
Seguimos a esperar novas de Güino!.


 


martes, 17 de octubre de 2017

ALÉN DO MAR!.

Hoxe Patiños e Pandas encamiñámonos cara á entrada do cole. 



 Alí moi pretiño da oficina de Diego e de Paco descubrimos unha exposición.



En silencio colocámonos uns prismáticos imaxinarios e observamos durante un minuto o que tiñamos diante. 


Pasado ese tempo comezamos a contar o que vimos:
- Caracolas.
- Un libro cun barco.
- Un libro de piratas.
- Un libro de peixes mariños.
- Redes e...
- Un carriño con libros da biblio.
Tería algo que ver Güino con todo isto?. O lugar onde hai máis libros de todo o cole é a biblioteca. Seguro que isto foi obra del. Pero... sobre que quererá Güino que investiguemos este curso?:
- Sobre piratas.
- Sobre os peixes.
- Sobre o mar...
Quizais o descubramos lendo estas letras. Jorel e Aldara que eran os encargados puxéronse a ler. 





Os demais tamén axudamos e limos: ALÉN DO MAR. Unha palabra nova!. As profes explicáronnos que iso significaba "máis alá" ou sexa MÁIS ALÁ DO MAR. Querería Güino que empezaramos a investigar sobre o mar?. Siiiiii pero... aínda máis!. Sobre todo o que ten o mar: peixes, plantas, persoas que nel traballan, que beneficios nos dá o mar e... un montón de cousas máis.
Nun intre por alí apareceu a profe Mari e convidounos a ir onda Güino. Sentamos moi atentos e escoitamos:





De seguido e de parte de Güino foinos entregada unha botella cun pergameo no seu interior. Aldara recolleuna e moi intrigados marchamos para a clase. Resolveríamos o misterio ao día seguinte porque agora tocaba marchar para informática. PC estábanos a esperar!.