ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 17 de octubre de 2017

ALÉN DO MAR!.

Hoxe Patiños e Pandas encamiñámonos cara á entrada do cole. 



 Alí moi pretiño da oficina de Diego e de Paco descubrimos unha exposición.



En silencio colocámonos uns prismáticos imaxinarios e observamos durante un minuto o que tiñamos diante. 


Pasado ese tempo comezamos a contar o que vimos:
- Caracolas.
- Un libro cun barco.
- Un libro de piratas.
- Un libro de peixes mariños.
- Redes e...
- Un carriño con libros da biblio.
Tería algo que ver Güino con todo isto?. O lugar onde hai máis libros de todo o cole é a biblioteca. Seguro que isto foi obra del. Pero... sobre que quererá Güino que investiguemos este curso?:
- Sobre piratas.
- Sobre os peixes.
- Sobre o mar...
Quizais o descubramos lendo estas letras. Jorel e Aldara que eran os encargados puxéronse a ler. 





Os demais tamén axudamos e limos: ALÉN DO MAR. Unha palabra nova!. As profes explicáronnos que iso significaba "máis alá" ou sexa MÁIS ALÁ DO MAR. Querería Güino que empezaramos a investigar sobre o mar?. Siiiiii pero... aínda máis!. Sobre todo o que ten o mar: peixes, plantas, persoas que nel traballan, que beneficios nos dá o mar e... un montón de cousas máis.
Nun intre por alí apareceu a profe Mari e convidounos a ir onda Güino. Sentamos moi atentos e escoitamos:





De seguido e de parte de Güino foinos entregada unha botella cun pergameo no seu interior. Aldara recolleuna e moi intrigados marchamos para a clase. Resolveríamos o misterio ao día seguinte porque agora tocaba marchar para informática. PC estábanos a esperar!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario