ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 17 de octubre de 2017

SEGUIMOS A VIAXAR POLOS PLANETAS DE NUMERETE!

Xa nos tardaba a súa visita!. Algúns dos Pandas xa nos preguntabamos cando viría visitarnos e por fin tivemos noticias. Coma sempre e de sorpresa petaron á nosa porta cando más concentrados estabamos. A nosa mirada foi directamente cara alá e... a encargada recolleu o sobre que asomaba pola porta. 




Era de el, fixo!.

 






Desta vez contábanos como no novo planeta que visitara lle fixeran un agasallo para a súa moza: unha saia das que usaban as rapazas alí e coa que danzaban a carón das ondas do mar nas noites máis calorosas do verán. 
Aquela saia... parecíasenos ao número... 7!. 
E así foi como lle colocamos a Numereta a súa fermosísima saia e aprendimos que o 7 facémolo cantando...







"El siete, 
el siete es un valiente
y da un paso al frente.
Derecha, abajo
y un cinturón"

No hay comentarios:

Publicar un comentario