ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Investigando co medio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigando co medio. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de noviembre de 2017

BLACK FRIDAY?

Onte na asemblea o Panda Martín, cheo de razón e analizando o calendario que acabábamos de rodear e numerar, dixo:
- Claro, ahora viene black friday luego la navidad...
Quedamos un pouco pensativos coas dúas primeiras palabras que dixo porque o de "navidad" tiñamos claro o que era pero o outro...
Así que entre todos escribimos aquelas palabras na nosa pizarriña. Descubrimos que a palabra black significaba negro en inglés e o noso compi Reef axudounos a descubrir que friday era un día da semana. Así que... xa o tiñamos!: negro venres ou venres negro. 
De súpeto a pandiña Aldara nos contou que a súa nai ía ir de negro ao cole??? pero aquelo non nos cadraba porque a nosa profe so levaba un xersei negro e un pantalón gris. Quizais fose por outro motivo... (descubrirémolo na seguinte entrada).
A pandiña Valentina tamén oíu na radio do coche da súa avóa as palabras "Black friday" pero non sabía que querían decir así que... non nos quedou outra que irnos a Google para descubrir que significaba aquilo. Límolo xuntos e coñecimos outra palabra "rebaixas". Soábanos a que algo era máis barato: tiñamos que pagar menos.
Así que entre todos descubrimos que neste "Venres negro" atoparíamos moitas cousas a menor prezo que por exemplo no día de onte, xoves.
Mirade como o entendimos todos perfectamente:
imaxinamos que queremos mercar un par de zapatos (representados polos pauiños) que custan 20 € o xoves pero daquela co "Black friday" o venres so teremos que pagar 10€ co que aforraremos os outros 10€ que nos sobraron de 20€. Con eses 10€ que aforramos poderíamos gardalos ou mercar, en caso de facernos falta, outro par de zapatos e mentres que o xoves 1 par nos custaban 20€  o venres por eses 20€  compraríamos 2 pares. 
Preguntade, preguntade aos vosos peques e veredes que ben o entendimos. Pero ollo! temos que mercar so aquilo que necesitamos de verdade. É importante non derrochar (mercar por mercar) so así poderemos aforrar.



domingo, 16 de noviembre de 2014

OS GARDAS FORESTAIS.

Esta semana tivemos unha visita moi especial e.. aínda que a algún de nós non nos facía ningunha graza que nos visitasen "los guardias" ao final distinguimos que había moito tipos de "guardias" e que cada un facía cousas moi diferentes. Aprendimos a importancia de protexer os nosos bosques por todo o que nos dan e que estes gardas ou axentes forestais son os vixiantes do bosque e que ademais, son bombeiros, porque cando se produce un lume no monte eles van apagalo, ben protexidos por suposto: botas e funda que non arde, casco e mascariña para protexerse da cinza e o lume, batelumes (coma unha vasoira de goma) e como non coa mangueira que sae do camión moto-bomba. Ademais... sabedes que as rodas do camión non se queiman porque por enriba bailles caendo auga que sae duns furadiños?. Todo esto e máis aprendimos nesta visita, disfrutamos moito pero sobre todo aprendimos que debemos previr os incendios forestais cumprindo unhas normas básicas das que a máis importante para nós é que NON PODEMOS XOGAR COS MISTOS NIN COS CHISQUEIROS (díxonolo o osiño Smooky).

martes, 23 de abril de 2013

OS "XIRASOLES" MARCHAMOS ENCANTADOS... COS NOSOS XIRASOLES!.

Hai poucas horas marchábamos do cole encantados e con moito tino. Levábamos as nosas plantas de xirasol para a casa preparadas para transplantar, ben en maceta ou na nosa finca (ou na da avóa como dixo Mateo). Lembrade que é importante separalos 50 cm un de outro para que medren grandes e fortes e a súa flor sexa vistosa. Disfrutade do seu coidado e de seguro que alá por agosto ou setembro poderedes saborear as súas pipas.


sábado, 20 de abril de 2013

BOLBORETAS E XIRASOLES COLABORAMOS NO XARDÍN DO COLE.

Esta semana as Bolboretas e os Xirasoles traballamos xuntos para aumentar o xardín do noso patio. Claro está o que sementamos non?, pois si... xirasoles!. Gracias a Diego que nos traballou a terra e nos fixo a tarefa máis doada. So tivemos que botar "terra con vitaminas", sementar as pipas e regar. Pasámolo moi ben e agora esperamos compartir cos nosos compis a nosa plantación.
 

COMO MEDRAN OS NOSOS XIRASOLES!.

O xoves pasado sementamos as nosas pipas de xirasol e o luns levamos una fermosa sorpresa, algunhas... xa empezaran a agromar!. A traverso do vaso de plástico poidemos distinguir como aparece a raíz cos seus peliños e o que máis tarde será o talo. Ao longo da semana seguimos a coidalas e o certo é que cada día quedamos máis abraiados, que maneira de medrar!. De seguro que esta semana xa poderemos levalas para a casa e seredes vós, a nosa familia, os que nos axudedes a transplantalas para conseguir dous grandes e fermosos xirasoles. (Aínda que o "Xirasol" máis fermoso xa o tedes moi preto, je, je!!). 
Ah, e tamén aproveitamos para repasar o que xa aprenderamos ao principio de curso sobre estas plantas.

domingo, 14 de abril de 2013

A SEMENTEIRA DOS "XIRASOLES".

Ao chegares a primavera e co comezo dun tempo máis livián os agricultores empezan a sementar ou plantar diversidade de cultivos. Na nosa clase decidímonos pola semente de... pipas de xirasol! (non faltaría máis). Escomezamos sementando unha pipa pero pensandoo mellor decidimos que foran dúas porque con unha soa arriscámonos a que afogue ou non chegue á agromar.
Veremos se temos sorte e se cos nosos coidados, logo de quince días, podemos ver agromar á nosa semente. Xa podemos ir buscándolle un sitio na casa porque sabemos que pode chegar a medir de dous a tres metros!.
Vede o que disfrutamos da nosa sementeira.