ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 24 de noviembre de 2017

BLACK FRIDAY?

Onte na asemblea o Panda Martín, cheo de razón e analizando o calendario que acabábamos de rodear e numerar, dixo:
- Claro, ahora viene black friday luego la navidad...
Quedamos un pouco pensativos coas dúas primeiras palabras que dixo porque o de "navidad" tiñamos claro o que era pero o outro...
Así que entre todos escribimos aquelas palabras na nosa pizarriña. Descubrimos que a palabra black significaba negro en inglés e o noso compi Reef axudounos a descubrir que friday era un día da semana. Así que... xa o tiñamos!: negro venres ou venres negro. 
De súpeto a pandiña Aldara nos contou que a súa nai ía ir de negro ao cole??? pero aquelo non nos cadraba porque a nosa profe so levaba un xersei negro e un pantalón gris. Quizais fose por outro motivo... (descubrirémolo na seguinte entrada).
A pandiña Valentina tamén oíu na radio do coche da súa avóa as palabras "Black friday" pero non sabía que querían decir así que... non nos quedou outra que irnos a Google para descubrir que significaba aquilo. Límolo xuntos e coñecimos outra palabra "rebaixas". Soábanos a que algo era máis barato: tiñamos que pagar menos.
Así que entre todos descubrimos que neste "Venres negro" atoparíamos moitas cousas a menor prezo que por exemplo no día de onte, xoves.
Mirade como o entendimos todos perfectamente:
imaxinamos que queremos mercar un par de zapatos (representados polos pauiños) que custan 20 € o xoves pero daquela co "Black friday" o venres so teremos que pagar 10€ co que aforraremos os outros 10€ que nos sobraron de 20€. Con eses 10€ que aforramos poderíamos gardalos ou mercar, en caso de facernos falta, outro par de zapatos e mentres que o xoves 1 par nos custaban 20€  o venres por eses 20€  compraríamos 2 pares. 
Preguntade, preguntade aos vosos peques e veredes que ben o entendimos. Pero ollo! temos que mercar so aquilo que necesitamos de verdade. É importante non derrochar (mercar por mercar) so así poderemos aforrar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario