ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Casa do Queixo). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Casa do Queixo). Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2013

NA CASA DO QUEIXO...

O martes vivimos a nosa primeira excursión de todo o día neste primeiro curso de cole. A experiencia foi estupenda pois todos disfrutamos un montón e sobre todo aprendimos moitííííííííísimo: a facer pan, a facer queixo, a coñecer de onde procede a lá e os diferentes pasos que debe seguir para facer un xersei, a darlle de comer aos animais domésticos e a disfrutar con xogos de grupo.
Compartimos comida xuntos, cantamos e disfrutamos da paisaxe durante toda a viaxe e como non, fomos moitos os que esgotados quedamos durmidos no camiño de volta. A profe dí que nos portamos todos de maravilla, veu... supercontenta!.
Gozade destas imaxes e comentade cos vosos fillos a experiencia vivida.

   ESPERTIÑOS E DURMIDIÑOS.