ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Hábitos.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hábitos.. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de noviembre de 2015

CLUB DO MANDILÓN... CHEO!


Xa estamos tódol@s Pandas no Club do Mandilón!. Esta semana incorporáronse ICÍA e VÍCTOR. Noraboa para eles e para tod@s por aplicarvos tanto nesta tarefa. 
"O esforzo posto nas pequenas cousas que logramos cada día é o que nos da seguridade e confianza nas nosas posibilidades".
Parabéns Pandas, porque vos ides facendo maiores!.

 
 











Nota: Un día que coincidamos a estar tod@s na clase faremos unha foto para que vexades o guap@s que estamos.

Vede á nosa compi Paula como nos ensina os pasos para poñer o mandi. Sabede que tamén valen para chaquetas, abrigos, chuvasqueiros...

Así que non hai desculpa para que, na casa, os vosos peques non sigan practicando e sentíndose maiores. 
Se non hai unha mesa baixiña onde apoiarnos, enriba da cama ou dunha cadeira tamén nos serve.

Poñémonos de costas e
metemos os brazos polos
buratiños das mangas.
Tendemos o mandi na mesa
vendo a etiqueta e os
buratiños das mangas.
















"Dámonos un abrazo a nós
mesmos" (erguemos os
brazos) e xa está listo para
abotoar.
 
Abotoamos fixándonos ben
de que cada botón vaia no
seu ollal.







Lista!. A que estou guapa?.

lunes, 12 de octubre de 2015

O CLUB DO MANDILÓN.

A primeira cousa que facemos ao chegares ao cole e saudar por suposto e depende un pouco da vergonza que teñamos farémolo antes ou despois. Pero... o hábito de espir a chaqueta e poñer o mandi é algo que xa casi temos aprendido e... en tan pouco tempo!. 
Para animarnos un pouquiño inventámonos "O club do mandilón". Non é doado pertencer a el porque consiste en saber poñer o mandi, abotoalo e desabotoalo sen axuda de ninguén. Algúns xa o conseguiron e por fin locen no mural do club. Ah! e na casa teñen o seu carnet. Os demais están a piques de logralo porque o importante é que teñen moitas gañas e con "gañas de aprender"... todo se consigue.

Estade atentos que imos ir aparecendo to@s.
Aquí están:
MAYRA, ALDARA, SOFÍA E ROI.