ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 12 de octubre de 2015

O CLUB DO MANDILÓN.

A primeira cousa que facemos ao chegares ao cole e saudar por suposto e depende un pouco da vergonza que teñamos farémolo antes ou despois. Pero... o hábito de espir a chaqueta e poñer o mandi é algo que xa casi temos aprendido e... en tan pouco tempo!. 
Para animarnos un pouquiño inventámonos "O club do mandilón". Non é doado pertencer a el porque consiste en saber poñer o mandi, abotoalo e desabotoalo sen axuda de ninguén. Algúns xa o conseguiron e por fin locen no mural do club. Ah! e na casa teñen o seu carnet. Os demais están a piques de logralo porque o importante é que teñen moitas gañas e con "gañas de aprender"... todo se consigue.

Estade atentos que imos ir aparecendo to@s.
Aquí están:
MAYRA, ALDARA, SOFÍA E ROI.



No hay comentarios:

Publicar un comentario