ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Aniversarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aniversarios. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2018

SEIS PANDAS DE ANIVERSARIO!


Chegou o último mes do curso e con el os últimos aniversarios na clase dos Pandas. Aquí tedes aos protagonistas, xa se lles ve cara de maiores, non si?. Parabéns para estes seis mosqueteiros e a seguires cumprindo moitos máis.
Coma sempre a torta riquísima e esta vez acompañada con batidos de chocolate que estaban... super bos. 
Graciñas familias pola vosa implicación nesta celebración!




miércoles, 30 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE MAYRA.


Que ben o pasamos no aniversario da Pandiña MAYRA!. Esta pequerrecha tamén cumpríu seis aniños e invitounos a unha saborosa torta super decorada que disfrutamos coma sempre despois de cantarlle as coñecidas cantigas de aniversario e de tirarlle un pouquichiño das orelliñas. Je, je!!. 
Parabéns Mayra e a seguir medrando un montón!.





sábado, 24 de marzo de 2018

NO MES DA PRIMAVERA... SEGUIMOS CUMPRINDO ANOS!


Este mes celebramos o aniversario de ICÍA, ANDREA, PABLO e a profe... que tamén cumpre!. Unha torta riquísima, bombóns e uns zumes fixeron desta data un día especial: para os peques era o seu último aniversario en infantil e para a profe o último cos seus Pandas.
Parabéns meus pequerrechos e vós... a seguir medrando!.







domingo, 4 de marzo de 2018

EMPEZAMOS A CUMPRIR 6 ANIÑOS!


Esta semana rematamos febreiro celebrando os aniversarios das Pandas máis maiores da clase, que xa cumpren seis!. 
VALENTINA, SOFÍA E ALDARA convidáronnos neste día a unha mega torta riquííííííísima e a uns zumes. 



Parabéns pequerrechas e a seguir cumprindo moitos máis pero xa... en primaria!.







martes, 12 de diciembre de 2017

TODOS OS PANDAS TEMOS... 5 ANIÑOS!


Que maiores estamos!. Este mes os Pandas máis noviños: EZEQUIEL, AMONÁ E JULIA xa temos, como os nosos compis, cinco aniños. O tempo pasa voando...
Aquí nos tedes diante da torta coa que compartimos a ledicia que sentimos por sermos... un pouco máis maiores. 
Estaba deliciosa con eses tres chocolates e por suposto, coma sempre, dimos boa conta dela. Uhmmmm!!!.
Parabéns meus pequerrechos!.




domingo, 3 de diciembre de 2017

EN NOVEMBRO... DE ANIVERSARIO!


Xa case todos os Pandas temos 5 aniños!. Neste mes tocoulle cumprir a ANTÍA, ZAIDA e PAULA, tres pandiñas que están feitas unha mociñas!. Convidáronnos a unha torta deliciosa da Patrulla Canina e a hai que ver que calquera anaquiño nos valía con tal de ter parte dalgún protagonista. Ao final non quedou nin miga. 
Parabéns pequenas e... a seguir medrando!.







martes, 31 de octubre de 2017

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO.


As nosas Pandiñas CLAUDIA e CARLA acaban de cumprir os cinco aniños. Están feitas unha mozas. Mirade que guapísimas!. Estaban superfelices celebrando o seu aniversario no cole porque ademáis coincidíu co Samaín. 
Da torta da Patrulla Canina non quedaron nin as migallas. Moitas grazas por convidarnos e a seguir cumprindo moooooooooooitos máis!.






martes, 26 de septiembre de 2017

SEGUIMOS A FACERNOS MAIORES!


No mes da volta ao cole celebramos os aniversarios dos compis que cumpriron en agosto e en setembro. Aquí nos tedes a outros pouquiños Pandas con... 5 aniños!. Parabéns REEF, INÉS e VÍCTOR  e moitas grazas por esta magnífica torta!





lunes, 19 de junio de 2017

XUÑOS E XULLOS DE ANIVERSARIO!


O xoves celebramos o aniversario de seis pandas!: HUGO, MARTÍN, ANXO, ITAI, ROI E LOIS. Convidáronnos a unha torta caseira riquísima feita nesta ocasión por Lois e Roi. Antes de meterlle o dente contáronnos como a fixeron e que o pasaran moi ben como pequenos "chefs". Sempre coa axuda das mamás!, recalcaron. 
Para todos eles moitos parabéns e... a seguir medrando pequerrechos!.




lunes, 29 de mayo de 2017

A NOSA PANDIÑA MAYRA CUMPRÍU 5!.


A nosa compi MAYRA cumpríu 5 aniños este mes de maio. Estivo moi contenta ao celebralo no cole cos seus compañeir@s. Xa non vía chegar o día!. Convidounos a unha riquísima torta, cun sabor moi especial. E como non, a uns zumes super vitaminados. 
Parabéns para esta pequerrecha e a seguir cumprindo moitos máis!.





jueves, 20 de abril de 2017

OS ANIVERSARIOS DE MARZO.

Co comezo da primavera dous Pandas cumpriron os cinco aniños: PABLO e ICÍA. Hai uns días celebramos o seu aniversario por partida doble xa que por estar enfermiña Icía e ter todo disposto celebrámolo un día e logo da súa recuperación, repetimos outro día. Tamén a maior da clase se facía "máis maior aínda" e convidounos a unha torta e uns bombóns. Estivo todo riquísimo!.
Parabéns Pandiñas e a seguires medrando moito!.










martes, 7 de marzo de 2017

ESTREANDO OS 5 ANIÑOS!

Logo de tanta festa, quixemos deixar esta entrada para un momento de máis calma.
As Pandas VALENTINA, SOFÍA E ALDARA acaban de cumprir os cinco aniños. Hai que ver que mociñas están feitas!. Ademais elas mismas quixeron convidarnos a unha riquísima torta elaborada coas súas mans. 
Segundo as súas palabras: "mollamos as galletas en leite, un pouquiño porque senón desfanse, botamos unha capa de flan, outra capa de galletas, outra de chocolate... e así ata rematar adornando con lacasitos, huevitos e mikados". Encantounos a tod@s, estaba riquíííííísima!. 
Moitos parabéns pequerrechas e... a seguir cumprindo!.