ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos (O universo). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos (O universo). Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de noviembre de 2014

HOXE MESMO! DESPEGUE DA NAVE SOYUZ, CUNHA ASTRONAUTA ITALIANA A BORDO.

Dentro dunhas horas clicando nesta dirección www.esa.int poderemos ver en directo o lanzamento da nave Soyuz dentro da Misión Futura da Axencia Espacial Internacional. Alí estará a astronauta italiana da Axencia Espacial Europea Samantha Cristoforetti que vai pasar seis meses na estación internacional realizando multitude de experimentos. Boa viaxe e boa sorte!. Que todo sexa para a mellora do noso FERMOSO MUNDO. 
Vede a súa preparación nestes vídeos. É emocionante!

domingo, 9 de noviembre de 2014

REPORTEIROS DO UNIVERSO.

Levamos unhas semanas coñecendo o universo e de seguro que xa sabedes do noso interese e entusiasmo polo tema. Empezamos aquí a mostrarvos as actividades que levamos realizando e o que disfrutamos coas mesmas. Invítovos a comentar cos vosos fillos e fillas as reportaxes. Estou seguro de que xuntos: familias e nenos aprenderedes moito máis do apaixoante universo que nos rodea. Nós estámolo pasando fenomenal: aprendendo nomes novos, explicando como maiores todo o aprendido, non hai descubrimento que se nos resista!.


IDEAS PREVIAS



O SOL É A NOSA ESTRELA

O SOL É A NOSA ESTRELA - Movie Maker

 AMIGOS DO SOL:  OS PLANETAS
AMIGOS DO SOL: OS PLANETAS - Movie Maker

 SOL E PLANETAS FORMAN O 
SISTEMA SOLAR

SOL E PLANETAS FORMAN O SISTEMA SOLAR - Movie Maker

O CINTO DE ASTEROIDES SEPARA OS PLANETAS ROCHOSOS DOS PLANETAS GASOSOS.

 O SISTEMA SOLAR FORMA PARTE DA NOSA GALAXIA: A VÍA LÁCTEA.

MOITAS ESTRELAS DA NOSA GALAXIA AGRÚPANSE DANDO LUGAR A DIFERENTES FORMAS. 
SON AS CONSTELACIÓNS.
CONSTELACIÓNS - Movie Maker


TODO O APRENDIDO... ATA O DE AGORA!







domingo, 19 de octubre de 2014

ENTUSIASMADOS CO UNIVERSO!

Levamos uns días aprendendo moito sobre o universo e o certo é que estamos entusiasmados. Observamos, escoitamos, actuamos, manipulamos, compartimos, imaxinamos, deducimos, rimos... Estamos a disfrutar moito e... queremos que o vivades connosco familias!. Xa sabemos que o facedes, polos comentarios e tódalas aportacións que compartides. Grazas e disfrutade con nós desde a casa con esta reprodución de vídeos que vos deixamos e dos que disfrutamos moito.(Iremos engadindo máis á vez que avanzamos en coñecementos). 
Estamos recopilando fotos da nosa vivencia neste precioso proxecto e coma sempre, pronto teredes ocasión de disfrutalas.