ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Vermes da seda. Coidado).. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Vermes da seda. Coidado).. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de mayo de 2016

EVOLUCIÓN DOS VERMES DA SEDA.

Hai un mes que presentamos aos vermes da seda e non eran máis que larvas. Mirádeos agora!. O venres adicamos un ratiño a limpalos e de paso a observar a súa evolución. 
A primeira idea pareceunos curiosa pero enseguida comprendimos que calquera animaliño do que nos fagamos responsables necesita das nosas atencións: alimento, limpeza, coidado e ata agarimo. 
Observamos a caixa onde medran e vimos que a súa comida xa estaba un pouco murcha, que tamén fan caca coma nós e que ata mudan a pel segundo medran. Sentimos a súa pel frequiña e as súas cóxegas na nosa pel. Limpamos ben a caixa e finalmente pousámolos con coidadiño enriba das follas de moreira. 
Que por certo ao rematar o día tivemos que repoñer porque como larpeiros que son...esgotáranas todiñas.
LEMBRADE TRAER MÁIS COMIDIÑA PARA OS NOSOS VERMES!.