ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Entroido (Queima). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido (Queima). Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de febrero de 2018

QUEIMA DO ENTROIDO.


De volta no cole, cadaquén disfrazado como máis lle gustou, presentámonos este xoves para celebrar a queima do Entroido. Despedímolo ata o vindeiro ano entre bágoas e moita tristura pero antes disfrutamos posando cos nosos disfraces e facendo co profe Javi un pase de modelos no que presentamos á personaxe da que viñamos disfrazados e as súas características. 
Aquí estamos e despedímonos... ata o próximo entroido!!.

domingo, 26 de febrero de 2017

QUEIMA DO ENTROIDO!!












Aquí o tedes. É o noso entroido!. Quedou no cole dándolle a benvida a estes días de troula. O xoves despedirémonos del ata o vindeiro ano. 
OLLADE O QUE NOS RECORDA!!

sábado, 13 de febrero de 2016

QUEIMA DO ENTROIDO!


-Xa morreu!
Xa morreu!
dunha enchente que comeu.
Non chorar!
Non chorar!
que o vamos enterrar.
-Este Antroido que aquí vai
éche un valiente animal,
en vez de ir en automóbil.
vaiche dentro dun tabal.
-Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la, la, la, la.
-Subeu polos Espenedos
e baixou polo Escorial.
E chegou a Pontedeume
o martes de carnaval.

O xoves e como remate do Entroido, no Couceiro tivemos desfile de disfraces e como non, a queima do noso entroido. Algúns de nós puxémonos un pouco tristes cando vimos pasar o cadaleito e despois ao noso boneco ardendo pero outros disfrutamos a gargalladas. Xuntos despedímonos do Entroido ata o vindeiro ano ao son da cantiga popular eumesa "Xa morreu".