"O esforzo posto nas pequenas cousas que logramos cada día é o que nos da seguridade e confianza nas nosas posibilidades".
Parabéns Pandas, porque vos ides facendo maiores!.
Nota: Un día que coincidamos a estar tod@s na clase faremos unha foto para que vexades o guap@s que estamos.
Vede á nosa compi Paula como nos ensina os pasos para poñer o mandi. Sabede que tamén valen para chaquetas, abrigos, chuvasqueiros...
Así que non hai desculpa para que, na casa, os vosos peques non sigan practicando e sentíndose maiores.
Se non hai unha mesa baixiña onde apoiarnos, enriba da cama ou dunha cadeira tamén nos serve.
Poñémonos de costas e metemos os brazos polos buratiños das mangas. |
Tendemos o mandi na mesa vendo a etiqueta e os buratiños das mangas. |
"Dámonos un abrazo a nós mesmos" (erguemos os brazos) e xa está listo para abotoar. |
Abotoamos fixándonos ben de que cada botón vaia no seu ollal. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario