Parabens para Antía, Zaida e Paula!
Onte celebrouse na clase dos Pandas o aniversario de Zaida, Paula e Antía coma sempre, con moita ledicia. Decoraron as coroas, coroaron as homenaxeadas, cantaron, sopraron a candea e de seguro que lameron os dedos. Co boíííííííísima que debía estar a torta!. Mágoa non poder estar para degustala con vós pero... téñovos gardados tres bicos enooooormes!. Parabéns pequerrechas e... a seguir medrando!.
Felicidades pandas!!!!!
ResponderEliminarMoitas grazas por compartir con nos estes momentos das nosas peques!!!
Para nós tamén son momentos especiais porque os "sentimos" MEDRAR. Biquiños.
ResponderEliminar