ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 6 de octubre de 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ENTRAN NAS NOSAS CASAS!





















Hai uns días Güino convidounos a visitalo no Xardín do Pasatempo. Alá fomos Patiños e Pandas a ver que nos quería. Sentamos moi tranquiliños e poidemos ollar que alí, ao seu carón, tiña... dúas mochilas!. Xenial!. Logo de ver o seu contido e emocionarnos moito cos novos libros que contiñan aínda houbo outra sorpresa: íamos levar o noso libro de cada venres nunha bolsa-mochila que tamén nos tiña preparada a nosa mascota da biblio. Va que empezou o curso supertraballador este Güino?. Bueno moi baixiño e sen que nos escoite, nós tamén estamos moi traballadores eh!.
Grazas por estes agasallos Güino e estamos dispostos a gozar un montón destas lecturas na compaña da nosa familia!!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario