Dentro do Proxecto Documental Integrado "O mar" que estamos a traballar todo o cole a Patiños e Pandas tocounos visitar o acuario de A Coruña. Coma sempre os Pandas, ilusionados e dispostos a aprender moitísimo, marchamos este martes cara A Coruña.
Aos primeiros que nos presentou Silvia foron aos panchiños ou besugos para de seguido ensinarnos a coidar o noso mar porque nel aparece moito lixo que non debería chegar a el. Pero bueno... a alguén se lle ocorreu facer carautas e outras manualidades con todo o atopado. Ata había cascos de obreiros.
Desde un mirador vimos as focas machos e femias e ao noso costado coñecimos cousas interesantes dos mexillóns como que os brancos son os machos e os laranxas as femias. Ademais Galicia somos o segundo produtor do mundo logo de China.
Silvia ensinounos que existían "granxas de peixes" e lembrounos preguntar cando vaiamos á peixería cales eran peixes de mar ou de granxas. Aprendimos tamén que aos peixes de cores lles gusta a auga quentiña, que o polbo ten tres corazóns e sangue azul e que a diferente profundidade hai diferentes animais mariños.
Vimos grandes acuarios con moitos e diferentes peixes. Fomos ver como alimentaban ás focas e finalizamos mergullándonos no Nautilus para atoparnos con Gastón, unha quenlla touro de 17 anos, que se adaptou moi ben ás nosas augas e xa leva connosco 15 anos.
A algúns de nós asustounos un pouco esta criatura tan grande.
E para rematar poidemos gozar observando como un submarinista limpaba o acuario dos besugos. Lembrounos que nuns días tocábanos disfrazarnos tamén... de submarinistas.
Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario