ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 17 de mayo de 2017

TALLER DE RECICLAXE!

Hai uns días e aproveitando que estamos a traballar "A lenda do nacemento do río Eume" ocurríusenos, ás dúas aulas de catro anos (Patiños e Pandas), facer un taller de reciclaxe. Despois montaremos un libro sobre a lenda utilizando como portada e contraportada ese papel reciclado elaborado por nós mesmos.
Na aula xa temos costume de reciclar e malia que, este é o noso segundo ano no cole, aínda temos algunha dúbida de onde vai cada tipo de lixo. 
Pero... o do papel e cartón témolo claro: na papeleira azul. 
O primeiro que fixemos os Pandas foi REFLEXIONAR sobre a pregunta: 
- De onde ven o papel?. 
A resposta da maioría foi que o papel ven das árbores pero algún Panda tamén respostou que dos grandes contedores azuis que hai na rúa despois de reciclalo.
E desta última palabra xurdíu outra pregunta:
- Que é iso de reciclar?.
- Volver a usar, contestamos. 
- Pero usar... tal cual o recollemos?.
- Non!. Facendo novo papel. Foi a nosa resposta.
E como se fará isto?.
O segundo paso foi VISUALIZAR dous vídeos moi atentos. Aquí os tedes por se os queredes lembrar cos vosos peques.


O terceiro paso foi poñernos MANS Á OBRA!. Faríamos o noso propio papel reciclado seguindo os pasos que descubrimos logo de ver os vídeos:
1º RECOLLER.
2º TROCEAR.
3º MOLLAR.
4º ESMAGAR.
5º ESCORRER E
6º SECAR.

Para RECOLLER, á falta de camión, collimos o carriño do noso garaxe e "viaxamos" polo cole na busca de papel en condicións de reciclar porque...non todo vale. Observamos que non hai papeleiras que teñan os tres departamentos: papel, orgánico e envases e así nos atopamos papeleiras cunha mestura de lixo das que non poidemos aproveitar nada (papel, panos, vasos de plástico...). Ah!. Na viaxe tamén descubrimos que hai contedores especiais para cartuchos da fotocopiadora que logo se reciclan. 
Chegamos a secretaría... e ao contarlle a Paco ao que andabamos ofreceunos o seu papel, xa troceado!, e que tiña gardado nun saco logo de que unha máquina fixera del "espaguetes".







Ao día seguinte e logo de aproveitar anaquiños de papel que xa rasgaramos noutras actividades puxémonos a TROCEAR follas de xornais, folletos informativos e diferentes tipos de papel, con diferentes cores e texturas. Baleiramos o recollido e o que nós troceamos nunha gran caixa.






















O seguinte paso é MOLLAR, así que o encargado o día verteu unha cantidade suficiente de auga que cubrise o papel para que este abrandase.
Cando xa tiñamos mollado o papel lanzamos unha hipótese sobre como poderiamos facer para abrandar máis axiña o papel e convertelo en polpa. Axudaríanos que a auga estivese quente pero como esa posibilidade non era viable puxémonos a pensar como quentariamos a auga que agora contiña o noso papel: meténdoa no microondas, quentándoa cun secador, soprándolle... foron algunhas das solucións ata que alguén nomeou ao sol. Si!, berramos todos. Así que transportamos a nosa caixa cara ao gran ventanal da aula onde o sol quenta, ben forte!. 






 Antes de marchar e ao chegar o día seguinte dispuxémonos presurosos a ESMAGAR a polpa de papel co fin de facela o máis miúda posible.



A auga ía tornándose da cor gris do papel de xornal porque foi o papel que máis doado era de esmagar. Tamén o branco se desfacía axiña pero un papel de cor marrón foi o máis duro.
E chegou o día de facer a mostra de papel. Aínda que non tiñamos grandes batedoras industriais ou rolos coma os que aparecían nos vídeos para ESCORRER o que sería o noso papel, conseguimos, coas nosas mans, unha licuadora, unha escumadeira, un tamiz e trapos... aplastar e escorrer dabondo a nosa pasta de papel ata quedar moi lisiña. Vede senón: 


E agora... a esperar. Deixamos SECAR durante a fin de semana o noso reciclado e despois de sacalo dos moldes (cando vai secando a mesma lámina se vai desprendendo dos laterais e do fondo do molde pero convén ter conta de colocalo en lugar ventilado para acelerar un pouquiño o proceso porque absorbe un montón de auga aínda secandoo ben) mirade como nos quedou.








Poidemos manipular e ulir o noso papel e descubrimos as súas características especiais: cor, textura e olor. Todo bastante diferente ao que estamos acostumad@s a utilizar pero este papel... É NOSO e encantounos esta experiencia. Xa estamos preparados para levala a cabo na casa!. 
ANIMÁDEVOS FAMILIAS É MOI SINXELO!.
Nós imos utilizar as láminas para a portada do noso libro e para facer uns marcapáxinas porque... ata podemos escribir nelas!. Son unha grande idea para felicitacións, cartas especiais ou invitacións de aniversario e non custan nada. Somente... pasalo ben un anaquiño!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario