ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 25 de mayo de 2017

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS.

Durante a pasada semana celebramos as Nosas Letras. Nesta ocasión fixémolo lembrando a Carlos Casares e dun xeito moi divertido pois descubrimos unha das súas obras: "A galiña azul". A algún de nós soábanos ese nome pois a escola infantil na que estiveramos antes de vir ao cole de maiores levaba ese nome, ademais de un debuxo con... unha galiña azul!.
Os Pandas aproveitamos que as xoaniñas ían de excursión ás Fragas e visializamos na pizarra dixital da súa aula, que será a nosa o vindeiro curso, este conto interpretado polas voces de nenos e nenas coma nos e uns bonecos moi graciosos feitos por eles. 



Aquí o tedes por se o queredes lembrar:


Despois deseñamos, no traballiño conmemorativo desta data, a nosa propia galiña azúl para rematar fotografándonos coa fermosa galiña azul que Amoná fixo na casa coa axuda de mamá. 


A semana rematou coa xornada do venres lembrando a vida de Carlos Casares, co noveno certame de poesía (no que cada aula de educación infantil recibíu o seu agasallo pola poesía grupal presentada) e coa exposición pertencente ás actividades do PDI de centro sobre As Fragas acerca das lendas e en concreto sobre a lenda de San Rosendo e a representación da mesma que correron a cargo dos maiores do cole.






NESTE ANO DA ARTE 
AQUÍ ESTÁ A PINTURA PARA IMPRESIONARTE!!
CUN 6 E UN 4
TERÁS O TEU RETRATO.
A TRAVÉS DESTA PAISAXE
FARÁS UNHA GRAN VIAXE.
E SE QUERES PASAR UN BO RATO
O MELLOR É UN CADRO ABSTRACTO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario