ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 20 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Foi un día especial para nós, desde a primeira hora da mañá, porque o noso compi Mateo apareceu co seu bombo e despois de deleitarnos co seu ritmo foi o encargado de anunciarnos que a festa... daba comezo!.
Xa no salón de actos realizábase a lectura dos dous Contos Viaxeiros elaborados durante o curso polas etapas de Infantil-1º Ciclo de Primaria e polo 2º - 3º ciclo de Primaria. O noso conto foi o titulado "Güino". Tamén se fixo entrega dos premios do Certame de Poesía Couceiro Freijomil no que os nenos de Infantil levamos unha mención especial polo poema "As mascotas de infantil..." que soaba moi ben. Os rapaces de sexto foron os encargados de darnos a coñecer a Xosé María Díaz Castro figura homenaxeada este ano nas Nosas Letras. E para rematar que mellor que o son da nosa terra interpretado polas familias e nenos do cole. Aquí nos tedes disfrutando dun gran día!. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario