Por se queredes lembrar o conto na compaña dos vosos peques aquí o tedes.
ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
domingo, 1 de junio de 2014
NA BIBLIO DE ALEJANDRO.
Por fin o tempo nos permitíu coñecer unha nova biblio, a biblio de Alejandro porque... o de "biblio municipal" soanos un pouco serio. Algún de nós adoitamos ir por ela a facer debuxos, a coller libros ou a ver alguna sesión de monicreques pero outros, aínda sendo do pobo, non a coñecíamos. Está moi pretiño e nun curto paseo chegamos. Recibíunos Alejandro, encantador coma sempre, e explicounos o que podemos facer nunha biblio, manipulamos libros (que voltamos a colocar no seu sitio) e ademáis compartimos xuntos o conto de "Corre, corre cabaciña". Pasamos un rato estupendo. Grazas Alejandro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario