ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 3 de febrero de 2017

AS PALABRAS DOS PANDAS.

Na clase dos Pandas adicamos un tempo cada día á lecto escritura, de diferentes xeitos. Unha actividade fixa e que realiza o encargad@ é a de compoñer na pizarra magnética a palabra que elixa relacionada cunha temática concreta. Agora e dada a estación na que estamos eleximos "palabras que nos suxire o inverno". Pero os xoves e para facer máis individual a actividade cada panda repártese pola clase para escribir no seu caderniño a palabra escollida ese día. Alí e na intimidade do seu recuncho, pensa, pronuncia e escribe a palabra. Logo dun tempo que marca a profe coa conta atrás voltamos á alfombra e alí o encargad@ compón a palabra coas letras magnéticas. Comprobamos se está correcta e aportamos opinións ata conseguilo. Colocámola na pizarra e comprobamos se a que escribimos no noso caderniño é a correcta ou onde debemos mellorar. 
- "Este juego mola!" - dijo Martín. 
O paso final é escribir a palabra correctamente na pauta inferior e representar gráficamente a mesma.


  

Estamos moi entusiasmados e cada día tentamos facelo mellor porque ás veces... fastídianos tanto errar!. 
Estamos a darnos conta de que dos erros aprendemos e mañá... farémolo mellor!. 
Este é o primeiro paso para avanzar no bo camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario