ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 7 de diciembre de 2012

MES DE NADAL OU DECEMBRO!

Esta semaniña, aínda que curta, foi moi intensa. Na aula e no cole xa respiramos "aire de Nadal". Os Xirasoles chegaron moi fachendosos amosando as súas estrelas feitas en familia e... a profe disfrutou colocándoas na árbore xigante, que formaron xunto coas dos demais compañeiros de infantil, no corredor do cole. Fixemos adornos para decorar a clase e poidemos disfrutar do fermoso belén deseñado pola profe Pilar e os seus alumnos (uns artistas na elaboración de anxiños, animaliños e casiñas). Por certo... recuperamos casiñas do antigo belen do Couceiro, dignas de ver e en moi bo estado. (De seguro que algúns papás ou quizais avós fostes os encargados de fabricalas de nenos). Animádevos a visitalo!.




Grazas pola colaboración familias! 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario